Conca do Ebro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Ebro nace no norte da provincia de Burgos. Os seus tributarios castelán-leoneses están na súa maioría na provincia de Soria. Nesta zona do comezo do curso do Ebro a estiaxe é moito menos pronunciada que na súa desembocadura, polo que o caudal é bastante estable.
A conca atravesa o norte da Rioxa e o sur de Álava e de Navarra. Sigue pola provincia de Zaragoza, a onde chegan gran cantidade de afluentes dos Pirineos.
Finalmente, a conca acaba na provincia de Tarragona, onde desemboca.