Reichstag
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O edificio do Reichstag (en alemán Reichstagsgebäude, abreviado Reichstag) atópase no barrio Tiergarten, no arrabal de Mitte en Berlín, capital de Alemaña. Foi a sede do Reichstag en tempos do II Imperio Alemán (1871-1918) e máis tarde do parlamento da República de Weimar (1919-1933). Dende 1994 reúnese alí cada cinco anos a Convención Federal (Bundesversammlung) para elixir ao presidente de Alemaña (Bundespräsident) e desde 1999 é o lugar de reunión do parlamento alemán (Bundestag). A súa denominación oficial é Plenarbereich Reichstagsgebäude, que significa "recinto de plenos do edificio do Reichstag".[1]
O edificio rematou de construírse en 1894. En 1933 foi vítima dun incendio provocado cuxa autoría non chegou a esclarecerse do todo. Ao final da Segunda Guerra Mundial, durante a Batalla de Berlín, foi escenario de cruentos combates e resultou seriamente danado. Na década de 1960 realizáronse as reformas máis urxentes. O aspecto que ten na actualidade adquiriuno durante unhas obras nos anos 90 responsabilidade do arquitecto británico Sir Norman Foster.
[editar] Notas e referencias
[editar] Ligazóns externas
- Historia do edificio. Páxina do Bundestag (en alemán).
- Historia e anécdotas do Reichstag na súa páxina oficial (en alemán).
Modelo:Destacado Modelo:Destacado