See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Red Hat - Wikipedia

Red Hat

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Red Hat é a compañía responsable da creación e mantemento da distribución do sistema operativo Linux que leva o mesmo nome, a Red Hat Linux.

Red Hat é famoso en todo o mundo polos diferentes esforzos orientados a apoiar o movemento do software libre. Non só traballan no desenvolvemento dunha das distribucións máis populares de Linux, senón tamén na comercialización de diferentes produtos e servizos baseados en sóftware de código aberto. Así mesmo, posúen unha ampla infraestrutura na que contan con máis de 500 empregados en 15 lugares do mundo.

Os programadores empregados pola Red Han teñen desenvolvido múltiples paquetes de software libre, os cales beneficiaron a toda a comunidade. Algunhas das contribucións máis notables foron a creación dun sistema de empaquetación de software (RPM) e varias utilidades para a administración e configuración de equipos, como sndconfig ou mouseconfig.

Algunhas das distribucións basadas en RedHat Linux máis importantes son: Mandrake Linux e Yellow Dog Linux (só para PowerPC).

[editar] Historia

A Red Hat Software Inc. foi fundada no 1994 por Bob Young e Marc Ewing. En agosto de 1999, Red Hat saíu a bolsa e as súas accións obtiveron a oitava gañancia máis grande no seu primeriro día na bolsa en toda la historia de Wall Street. Catro anos máis tarde, o valor das accións de Red Hat estaba arredor dunha centésima parte do máximo valor que chegara a alcanzar antes da crise das puntocom. Aínda así, os seus comenzos exitosos no mercado de valores serviron para que Red Hat fose portada en periódicos e revistas non directamente relacionadas con temas informáticos. En calquera caso, parece ser que Red Hat soubo superar os problemas doutras compañías do mundo dos negocios en torno ao software libre e anunciou números negros por primeira vez na súa historia no último cuarto do ano 2002.

Outro dos feitos históricos máis importantes de Red Hat foi a adquisición en novembro de 1999 de Cygnus Solutions, unha empresa fundada unha década antes e que xa mostrara como cunha estratexia integral baseada en software libre pódese gañar diñero.

En setembro de 2003, Red Hat decidiu concentrar os seus esforzos de desarrollo na versión corporativa da súa distribución e delegou a versión común a Fedora Core, un proxecto aberto independente de Red Hat.

[editar] Véxase tamén

[editar] Enlace externo


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -