See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Distribución - Wikipedia

Distribución

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Este artigo refírese ás distribuciós de Linux, para outros usos ver Linux e GNU/Linux

Unha distribución Linux, ou distribución GNU/Linux (abreviada con frecuencia distro) é un conxunto de aplicacións reunidas por un grupo, empresa ou persoa para permitir instalar facilmente un sistema GNU/Linux. As distribucións GNU/Linux son sistemas operativos completos, cun kernel Linux e un conxunto de aplicacións engadidas. Diferéncianse entre elas polas súas ferramentas de instalación e configuración, os seus sistemas de paquetes, e as aplicacións que inclúen.

Existen numerosas distribucións Linux. Cada unha delas incluirá, ademáis do kernel, un conxunto de software adicional, (libre ou non), como os programas de instalación do sistema e unha enorme variedade de aplicacions, entre elas, entornos gráficos, suites ofimáticas, servidores web, servidores de correo, servidores FTP, etcétera.

A base de cada distribución inclúe o núcleo Linux, coas bibliotecas e ferramentas do proxecto GNU e de moitos outros proxectos/grupos de software, como BSD.


Índice

[editar] Historia

En 1991, Linus Torvalds publicou o kernel Linux. Nese momento, soamente se podía interactuar co kernel a través dunha serie de comandos básicos. Era o propio usuario o que poñía os programas, e debía compilalos e configuralos para poder empregalos. Incluso para un hacker, non era un sistema cómodo, e xurdiu a necesidade de facer dispoñible unha recompilación de programas precompilados que puidese ser instalado e empregado de xeito doado. E así xurdiu a MMC (Manchester Computer Centre), a primeira distribución Linux, feita pola universidade de Mánchester.

As distribucións de Linux comezaron a ter unha certa popularidade a mediados dos anos 90, como unha alternativa libre para os sistemas operativos Microsoft Windows e Mac OS, principalmente por parte de persoas acostumadas a usar sistemas Unix na escola e no traballo. O sistema fíxose popular máis adiante tamén no escritorio, pero sobre todo no campo dos servidores.

Actualmente existen centos de distribucións, e a súa implantación é cada vez maior.

[editar] Distribucións

As distintas distribucións diferéncianse entre si en aspectos como o sistema de instalación e configuración, o sistema de paquetes, a estrutura dos directorios, e o software que inclúen. Outro aspecto que varía entre as distintas distribucións é a frecuencia con que sacan novas versións, ou a estabilidade dos programas que inclúen. Mentras algunhas distribucións inclúen sempre a versión máis actual, outras prefiren agardar a que os paquetes estean máis probados para incluílos nos seus repositorios.

Algúns exemplos de distribucións actuais serían os seguintes:

Existe unha distribución galega, GNIX, desenvolvida pola asociación AGNIX A cidade de A Estrada deseñou tamén unha versión propia chamada Daestradix.

[editar] Estándares interdistribucionais

Linux Standard Base (Fundación de estándares Linux) é unha organización consagrada a desenvolver unha cooperación estreita entre as diferentes distribucións. O Filesystem Hierarchy Standard (Estándar xerárquico de sistema de ficheiros) é unha importante ferramenta da organización para lograr unha certa normalización oficial.

Alien é un programa para poder converter paquetes entre múltiples formatos de distribución como deb, rpm ou tgz.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -