Río Segre
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Río Segre | |
---|---|
O Segre ao paso por Lleida |
|
Nacemento: | Pico do Segre |
Altitude da fonte: | 2.843 msmn |
Lonxitude: | 265 km |
Caudal medio: | 100,2 m3/s |
Conca: | 22.579 km2 |
País: | Francia, España |
Desemboca: | Río Ebro |
O Segre é un río, afluente do Río Ebro pola súa beira esquerda, que desde o nacemento até a desembocadura, logo de 265 km de curso, atravesa territorios de dous países: Francia e España.
Índice |
[editar] Percorrido
O sentido xeral do curso do Segre é de NL-SO. O Segre nace nos Pirineos, na ladeira septentrional do Pico do Segre, no circo de la Culassa, no concello de Llo, departamento dos Pyrénées Orientales, Francia, dentro da comarca que os cataláns denominan Alta Cerdaña. Logo de apenas 20 km de curso penetra en territorio catalán, perto de Puigcerdà, na provincia de Girona, para entrar logo na de Lleida, por onde transcorre a maior parte do seu percorrido, excepto uns poucos quilómetros, nos que entra en territorio administrativo aragonés (Zaragoza). Verte as súas augas no Ebro na localidade de Mequinenza, dentro da franxa de fala catalana de Aragón.
[editar] Réxime hídrico
O réxime do Segre é de tipo nivo-pluvial (ver figura), con máximos de caudal nos meses primaverais a consecuencia do dexelo das masas xeladas e neves acumuladas nas alturas dos Pirineos principalmente, ás que hai que engadir ás dos seus principais afluentes.
[editar] Afluentes principais
Desde o nacemento até a desembocadura os tributarios principais son:
|
[editar] Poboacións nas orelas
Destacan as seguintes poboacións sitas ás súas beiras: Puigcerdà, La Seu d'Urgell, Balaguer, Lleida, Aitona, Seròs e Mequinensa
[editar] Economía
Nas augas do Segre érguense os encoros de de Oliana, Rialb e Sant Llorenç de Montgai.
Do seu cauce saen diversos canles e regos regadío: o canal de Urgell, con os seus diversos ramais;o canal de Balaguer; o canal de Seròs, o canal de Aragón e Cataluña, etc.