La Seu d'Urgell
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
La Seu d'Urgell é a capital da comarca do Alt Urgell e a cabeza do partido xudicial de La Seu d'Urgell, sita na província de Lleida, na Cataluña. O concello ten unha extensión de 15,44 km².
En 2005 a localidade contaba con 12.317 habitantes.
É a sede do bispado de Urgell (o catalán seu é o equivalente do galego sé "catedral").
O xentilicio que designa os habitantes é urgellenc, -ca.
[editar] Xeografía
A localidade está situada a 690 m sobre o nivel do mar, nas estribacións dos Pirineos, a tan só 10 km de Andorra, e no punto onde conflúen o río Segre e o máis pequeno Valira.