Río Cinca
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Río Cinca | |
---|---|
O Cinca nos arredores de Aínsa |
|
Nacemento: | Lago de Pineta |
Altitude da fonte: | 2.500 msmn |
Lonxitude: | 170 km |
Caudal medio: | ? |
Conca: | 9.000 km2 |
País: | España |
Desemboca: | Río Segre(Conca do Ebro) |
O Cinca é un río español de Aragón, o segundo máis caudaloso da comunidade autónoma. É un afluente do Segre pola súa beira dereita, e polo tanto un subafluente do Ebro.
Índice |
[editar] Percorrido
O Cinca nace nos Pirineos, no lago de Pineta a uns 2.500 m.s.n.m., baixo o pico de Tres Sorores, na comarca do Sobrarbe. O seu curso toma unha dirección N-S, aínda que vai devalando lixeiramente cara oriente. Durante o seu curso medio atravesa localidades como Fraga, Monzón e Barbastro. Desauga no Segre á altura da Granja d'Escarp, poucos quilómetros antes da confluencia deste río con o Ebro.
[editar] Afluentes
Pola dereita:
- Ara,
- Vero,
- Alcanadre (con os subafluentes Flumen, Isuela e Guatizalema).
Pola esquerda:
- Cinqueta,
- Esera (con o Isábena),
- Sosa.
[editar] Límite lingüístico
O curso baixo do Cinca marca, actualmente, a fronteira lingüística entre o catalán e o castelán (no pasado con o aragonés). Atravesa localidades importantes da Franja del Ponent (a zona lingüística catalana occidental) como son Fraga e Massalcoreig, a única poboación administrativamente catalana do seu curso.
[editar] Explotación
No curso alto do Cinca están situados os encoros de Lo Grau e Mediano
[editar] Protección ambiental
No seu curso alto nace dentro do Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido. No lado catalán, o entorno do sistema Segre-Cinca está protexido como Espacio de Interese Natural.