See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Puntogal - Wikipedia

Puntogal

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Puntogal (de ".gal" ) é unha asociación sen ánimo de lucro cuxa finalidade é a creación dun dominio de internet patrocinado específico para a cultura galega. Constituíuse o 10 de xuño de 2006 e está formada por varias institucións e asociacións galegas; propón o uso do dominio de primeiro nivel .gal para as páxinas en galego e pretende levar esta proposta á ICANN. Está presidida por Manuel González González (director do Instituto da Lingua Galega e secretario da Real Academia Galega).

O dominio ".gal" correspondería á comunidade galega, nun senso xeral, en función dun criterio de ser unha comunidade con fortes vencellos (lingüísticos, culturais, históricos, sociais), e independentemente de ningún criterio xeográfico. A proposta puntogal non está relacionada coa proposta dun dominio xeográfico de dúas letras (.gz, por exemplo), dominios para os que é necesario ser un estado recoñecido polas Nacións Unidas ou algunha das súas axencias.

Índice

[editar] O caso análogo catalán

A aprobación do análogo catalán, o .cat, aumenta as aspiracións do .gal. Para acadar este dominio foi fundamental a suma de todas as vontades da sociedade civil, empresarial, e política catalá. Unha cantidade de asociacións culturais, empresariais, e fundacións, así como persoas de toda condicións sumáronse a tal proxecto, que contou cun importante apoio institucional, contando co plácet do Estado español, ao ser consultado pola ICANN.

[editar] Recoñecementos

O 16 de novembro de 2007 foille entregado o Premio Xoan Manuel Pintos concedido polo Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL)

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas


Dominios de primeiro nivel xenéricos
Non patrocinados  .biz  .com  .edu  .gov  .info  .int  .mil  .name  .net  .org
Patrocinados  .aero  .cat  .coop  .jobs  .mobi  .museum  .pro  .tel  .travel
Infraestrutura  .arpa  .root
En fase inicial  .asia
Propostos  .berlin  .bzh  .cym  .gal  .geo  .kid  .kids  .lat  .mail  .nyc  .post  .sco  .web  .xxx
Borrados/Retirados  .nato
Reservados  .example  .invalid  .localhost  .test
Pseudo-Dominios  .bitnet  .csnet  .ip  .local  .onion  .uucp

Véxase tamén: Dominios de primeiro nivel territoriais


Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.
(De ser posíbel, será mellor substituír este marcador por outro máis específico)


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -