.org
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
.org é un dominio de Internet xenérico que forma parte do sistema de dominios de Internet. O domino .org foi creado en xaneiro de 1985 e é manexado desde 2003 por Public Interest Registry.
O seu obxectivo é o de servir a organizacións que non se clasifican adecuadamente nos outros dominios. Na actualidade non existen requisitos particulares para rexistrar un dominio .org. Os dominios .name son onde xeralmente se rexistran os individuos.
Moitos países teñen dominios de segundo nivel co mesmo propósito. Os seus nomes xeralmente rematan en .org.xx ou .or.xx onde xx é o nome do dominio dun país.
Os proxectos de software libre adoitan rexistrar os seus servidores en dominios .org, por exemplo, OpenOffice.org ou Wikipedia.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
- DNS
- Lista de dominios de Internet
[editar] Ligazóns externas
- RFC 920 Documento que define o dominio .org así como outros dominios xenéricos
Dominios de primeiro nivel xenéricos | ||
---|---|---|
Non patrocinados | .biz .com .edu .gov .info .int .mil .name .net .org | |
Patrocinados | .aero .cat .coop .jobs .mobi .museum .pro .tel .travel | |
Infraestrutura | .arpa .root | |
En fase inicial | .asia | |
Propostos | .berlin .bzh .cym .gal .geo .kid .kids .lat .mail .nyc .post .sco .web .xxx | |
Borrados/Retirados | .nato | |
Reservados | .example .invalid .localhost .test | |
Pseudo-Dominios | .bitnet .csnet .ip .local .onion .uucp | |
Véxase tamén: Dominios de primeiro nivel territoriais |