Pitufo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os pitufos son unha raza ficticia de pequenas criaturas azuis que viven nun bosque nalgún lugar de Europa. Foron creados polo historietista belga Peyo, e popularizados pola serie animada de televisión dos estudios Hanna-Barbera.
Na Aldea Pitufo, onde viven tódolos pitufos, tódalas casas son cogomelos, todos visten igual (pantalón branco e gorra branca), exceptuando Papá Pitufo (que viste de cor vermella) e que ademais sabe de feitizos e maxia. Cada pitufo ten unha personalidade extravagante, destacando Cachirulo, Lambón (o cociñeiro), Fachendoso, Bromista (cos seus regalos explosivos que sempre erran), Granxeiro, Sabido e o antes mencionado Papá Pitufo. Ademais, nas últimas temporadas aparecen 3 pitufos pequenos, e o Avó Pitufo (vestido de amarelo).
Gargamel, un bruxo cun gato chamado Azrael, sempre trata de capturar os pitufos con trampas para poder preparar con eles a "sopa de pitufos", un lendario prato exquisito de sabor irrepetible. Pero máis tarde a súa manía persecutoria cara eles vólvese máis imprecisa.
O tema musical que acompaña as aparicións de Gargamel, na serie de debuxos comeza cunha mestura de Scherezade e continúa co primeiro movemento da Octava Sinfonía de Franz Schubert, chamada Inconclusa.
O tema en francés é cantado por Dorothée, que presentaba programas para nenos na televisión nos anos 90. En España, esta serie emitiuse tamén a través das distintas cadeas de televisión autonómicas.
Os personaxes máis coñecidos son Azrael, Gargamel, O Gran Pitufo (posteriormente, na serie animada, Papá Pitufo) e Pitufiña.