Peyo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pierre Culliford, "Peyo", naceu o 26 de xuño de 1928 en Bruxelas, e morreu o 24 de decembro de 1992.
[editar] Biografía
Empezou os seus estudios na academia belga de Belas Artes, abandonándoa ó cabo duns meses. Logo empezou a traballar nun estudio de animación, onde coñecería a autores como Morris e Franquin. Máis tarde traballou para axencias de publicidade, ata que creou ó seu primeiro personaxe, Johan, ó que pronto lle buscou un compañeiro, pasando a ser a serie de Johan e Pirluit. En 1958 aparece o álbum "A flauta de seis buratos", no que aparecían por primeira vez os pitufos, como personaxes secundarios.
O éxito instantáneo dos pitufos, e o traballo de Peyo nas súas versións de animación, merchandising, etc. obrigaron co tiempo a Peyo a abandonar ós seus outros personaxes, ata o punto de chegar a dicir que se sentía "prisioneiro" deles.
En 1992 morreu dun ataque ó corazón.
[editar] Obra
Personaxes creados por Peyo:
- O pitufos
- Johan e Pirluit
- O gato Pusy
- Bieito Fendeferro
- Jacky e Celestin
[editar] Ligazóns externas
- Páxina oficial dos pitufos (en inglés)
- Bibliografía completa (en francés)
- Tebeosfera, sobre Johan y Pirluit (en castelán)