Pica dos prados
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pica dos prados | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Anthus campestris | ||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
A Pica dos prados (Anthus campestris) é un paxaro da familia Motacillidae). É unha ave que está na lista das especies ameazadas.
[editar] Descrición
Ten unha lonxitude duns 16 cm. Caracterízase pola sua cola relativamente longa, as patas longas é unha liña ocular clara. A súa parte superior é brillante, case totalmente da cor da área con algunhas manchas máis escuras nas alas. A parte inferior é máis clara, en xeral sen raias. A liña de cor crema de sobre dos ollos é moi notoria. Aliméntanse principalmente de insectos, aínda que comen tamén sementes.
[editar] Distribución e hábitat
Cría en zonas secas, incluídas as semidesérticas. A área de reprodución son as zonas que cumplan as súas esixencias de Europa, Asia e o noroeste de África. En Europa chega a Dinamarca e o sur de Suecia. É unha ave migratoria que pasa o inverno na África tropical e no subcontinente indio.
[editar] Reprodución
Fan os niños no chan, agachado entre as herbas. Poñen de 4 a 6 ovos abrancazados con algunhas manchas castañas. Chocan só a femia. Os polos rompen a casca os 14 días e son alimentados polos pais dúas semanas.