Pato mandarín
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pato mandarín | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Aix galericulata | ||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
O Pato mandarín (Aix galericulata) é unha ave da familia das anatidas. Como relacionado pato da Carolina pertence ó xénero Aux.
Índice |
[editar] Descrición
Son parrulos relativamente pequenos, que miden entre 41 e 49 cm. de lonxitude e teñen unha envergadura alar que vai dos 65 ós 75 cm. Os machos adultos en plumaxe reproductora son aves de aspecto rechamante e inconfundible. Teñen o bico vermello, a cabeza verde metálica, un debuxo branco en forma de media lua sobre dos ollos e a cara vermella con "patillas" castañas. O papo é púrpura con dúas liñas verticais brancas e os flancos avermellados, con dúas “velas”” alaranxadas no lombo, formadas polas plumas da alas . A plumaxe ten reflexos metálicos. As femias teñen unha coloración moito máis discreta, castaña agrisada, manchada na parte inferior. Teñen un anel ocular branco e unha liña que parte do ollo, ademáis dunha pequena parte branca nos flancos. A punta do seu bico é pálida. En xeral soi moi semellantes ás femias do pato da Carolina.
[editar] Distribución
A área orixinal de distribución da especie comprendía o noreste de China e a rexíon rusa do Amur, onde hai aínda unhas 1000 parellas, e o Xapón onde quedan unas 5000. Actualmente a especie está moi ameazada nestas áreas. Como ave de parques e zoos espallouse case por todo o mundo e os exemplares fuxidos establecéronse con máis ou menos éxito nalgunhas zonas coma Alemaña, Austria, Suíza, os Países Baixos e o sur de Inglaterra., onde hoxe se consideran unha especie definitivamente consolidada. A poboación salvaxe europea, que conta cunhas 7.000 parellas sería hoxe superior á asiática. As poboacións salvaxes asiáticas son migratorias, que pasan o inverno bnas terras baixas do sur de China e do xapón. Malia calcular os seus números nuns 65.000 Iexemplares a IUCN non considera ó pato mandarín especie ameazada.
En estado salvaxe os patos mandaríns crían en zonas de bosque mesto preto de lagos pouco fondos, pantanos ou estanques.
[editar] Conducta
Na natureza son aves tímidas que se moven entre a vexetación mesta, voando con habilidade entre as polas e agatuñando poas árbores. Son pouco sensibles ó frío, o que lles permite sobrevivir ós invernos centroeuropeos. Buscan comida principalmente no chan, apañando mesmo sementes grandes coma landras. Aliméntanse principalmente ó mencer ou cando empeza a anoitecer, e pasan o día pousados nunha pola ou agachados na vexetación.
Poden formar pequenos bandos no inverno, pero non adoitan mesturtarse con outras especies de parrulos.
[editar] Reproducción
Fan os niños en furados nas árbores, preto da auga. Poñen de 6 a 10 ovos brancos, duns 5 cm. de longo que chocan uns 31 días. Cando os polos saen do ovo, a mai salta no chan e chamaos inmediatamente. Os pitos movense xa de pequenos con facilidade polas polas, gracias as unllas aguzadas e a cola longa.
[editar] Simbolismo
Na China o pato mandarín é un símbolo de fidelidade dentro do matrimonio, malia que as parellas de mandaríns non duran máis ca unha estación.