Parada dos Montes, A Pobra do Brollón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santa Einés de Parada dos Montes é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Linda ó norte con Saa; ó sur con Salcedo; ó leste con Vilamor (Folgoso do Courel) e, ó oeste con Lamaigrexa e Saa. En 1991 contaba con 64 habitantes agrupados nas entidades de Couso, Parada dos Montes e Río de Bois, cunha densidade media de poboación de 6,8 hab/km².
[editar] Historia
Dise que a aldea de Parada dos Montes non estaba onde está agora. Seica un dia houbo un señor que necesitaba axuda e dixo que a aldea que non o escoitase e non acudise a axudalo sería cambiado de lugar. Parada dos Montes non acudiu e polo tanto foi cambiado para onde está agora. Aínda se conserva o nome dalgún campo onde se supón que estaba antes a aldea.
A estes lugares chegaban os arrendatarios do mosteiro cistercense de Meira a principios do século XV. O templo parroquial é do século XIX.
[editar] Patrimonio artístico
En Parada dos Montes os tellados das casas están unidos e superpostos para poder circular os días de nevadas intensas e protexerse mellor da intemperie.
- Igrexa de Santa Einés: o templo parroquial é do século XIX pero conserva un retablo neoclásico procedente do convento das Clarisas de Monforte de Lemos.
[editar] Festas
As festas parroquiais celébranse na honra a Santa Einés, cara o 21 de xaneiro. A festa non se celebrou durante 25 anos pero recuperouse no 2007.
Lugares da parroquia de Parada dos Montes no concello da Pobra do Brollón (provincia de Lugo) | |
---|---|
Couso | Parada dos Montes | Río de Bois |