Canedo, A Pobra do Brollón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Miguel de Canedo | |||
---|---|---|---|
Concello: | A Pobra do Brollón | ||
Poboación: | 128 hab. | ||
Superficie: | 4,4 km2 | ||
Densidade: | 29,1 hab./km2 | ||
Altitude: | 458 msnm | ||
Entidade(s): | 8 |
San Miguel de Canedo é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo que pertence ó arciprestado de Santalla de Rei.
Linda ó norte con Laiosa e Óutara, polo oeste con Freituxe, polo leste con Óutara e A Ferreirúa e polo sur con Freituxe e A Ferreirúa.
[editar] Demografía
Contaba en 2007 con 84 habitantes agrupados nas entidades de Aldea de Abaixo, Aldea de Arriba, A Eirexe, A Ermida, A Fonte, A Presa, Quintairo e Telo, sendo a súa densidade media, para ó mesmo ano, de 19,09 hab./Km².
A súa poboación disminuíu notablemente dende 2001, cando contaba con 128 habitantes.
[editar] Patrimonio artístico
- Igrexa de San Miguel, de época neoclásica, ten nave rectangular, muros revestidos de cemento e tellado de lousa. A sancristía está adherida a un dos laterais da nave. No interior posúe un retablo do s.XVIII e varias imaxes dos s.XVI, XVII e XVIII.
- Capela de San Miguel.
- Casa de Barredo.
[editar] Festividades
As festas da parroquia celébranse a finais de setembro na honra a San Miguel.
Lugares da parroquia de Canedo no concello da Pobra do Brollón (provincia de Lugo) | |
---|---|
Aldea de Abaixo | Aldea de Arriba | A Eirexe | A Ermida | A Fonte | A Presa | Quintairo | Telo |