Óutara, A Pobra do Brollón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santa María de Óutara é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei.
Linda ó norte con Eirexalba e Santa Cruz do Incio (O Incio); ó sur con Canedo e A Ferreirúa, ó leste con Hospital e San Pedro do Incio (O Incio) e, ó oeste con Laiosa (O Incio). En 1991 contaba con 70 habitantes agrupados nas entidades de A Airavella, Biduedo, Bruñeira, O Couto, Óutara, Provenza, O Pumar e A Rúa do Pozo e cunha densidade media de 12,5 hab/km².
O topónimo de "Ouctar" aparece en un documento da catedral de Lugo do século XIII. Nos límites de esta parroquia encontrouse unha estatuilla romana.
As festas de Óutara celébranse en agosto na honra á Virxe do Carme.
Situada nas proximidades da localidade de Biduedo, encontramos a Cova das Choias, un dos paraxes naturais máis coñecidos da Terra de Lemos. A cavidade ten unha profundidade duns 120 metros e foi explotada como mina de ferro entre os séculos XVI e XVIII.
Lugares da parroquia de Óutara no concello da Pobra do Brollón (provincia de Lugo) | |
---|---|
A Aira Vella | Biduedo | Bruñeira | O Couto | Óutara | Porvenza | O Pumar | A Rúa do Pozo |