Cereixa, A Pobra do Brollón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Pedro de Cereixa é unha parroquia da Pobra de Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei.
Índice |
[editar] Demografía
En 2007 contaba con 167 habitantes agrupados nas entidades de A Albariza, Alende, As Areas, O Falcón, Cima de Vila, A Estación, Guntiñas, Nogueiras, A Ponte, Rairos y A Zapateira, sendo a súa densidade media de 22,2 hab./Km².
A súa poboación disminuíu notablemente dende 1991, cando tiña 227 habitantes.
[editar] Historia
Nesta parroquia naceu María Castaña, impulsora das revoltas contra o Bispo de Lugo no s.XVI.
Na zona de Alende encontramos restos do Castro de Alende.
[editar] Patrimonio artístico
- Igrexa de San Pedro, ten nave de planta rectangular, muros de cachotaría e cuberta a duas augas con tellado de lousa. No interior conserva esculturas.
- Capela de Nogueiras.
[editar] Festividades
As festas da parroquia celébranse na honra a Virxe do Rosario, en outubro.
Lugares da parroquia de Cereixa no concello da Pobra do Brollón (provincia de Lugo) | |
---|---|
A Albariza | Alende | As Areas | Cima de Vila | A Estación | O Falcón | A Fonte | Guntiñas | Nogueiras | Rairos | A Zapateira |