See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Oktoberfest - Wikipedia

Oktoberfest

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O Oktoberfest é un festival de cervexa e unha feira de produtos e diversións celebrada orixinalmente en Múnique (München, Minga), no estado de Baviera (Bayern), no sur da Alemaña, e diseminada por varios lugares do mundo. En Múnique, o Oktoberfest comeza a mediados de setembro e termina dúas semanas máis tarde, no primeiro domingo de outubro - daí o seu nome Oktoberfest (En alemán, "Oktober" significa outubro, e "Fest", festa ou festival). A comunidade galega de Múnique participa cunha carroza alusiva a temas galegos.

Vestimentas típicas da Oktoberfest (Munique en 2006)
Vestimentas típicas da Oktoberfest (Munique en 2006)

[editar] O festival

O Oktoberfest atrae a máis de 6 millóns de visitantes, que proveñen en gran parte do estranxeiro, de países como Italia, Estados Unidos, Xapón, Australia e ultimamente de Asia e África.

Nos últimos anos se puxo de moda asistir cos traxes típicos de Baviera, de modo que os visitantes vístense de lederhosen (pantalóns curtos de pel) os homes e de dirndl (traxe tradicional) as mulleres.

O acontecemento máis importante durante a festa é o desfile de vestidos típicos do Oktoberfest, unha manifestación costumista, e o paso dos Schützen (tiradores). Isto ten lugar cada ano durante o primeiro domingo. Outros acontecementos pintorescos co desfile dos cervexeiros, e a apertura oficial do primeiro bocoi de cervexa polo alcalde de Múnique.

Para o Oktoberfest os cervexeiros de Múniqu fabrican unha cervexa especial (Wiesnbier) con maior contido de alcohol que as cervexas convencionais en Alemaña.

Un problema é o consumo excesivo de alcohol. Para evitar que se convirta nalgo cuspido a un Ballermann como Mallorca ou unha festa do tipo spring-break de universitarios, os responsables desenvolveron a estratexia do ruhigen wiesn (prado tranquilo). Os concesionarios das carpas de venda de cervexa están obrigados a tocar música de banda tradicional ata as 18 horas e cun volume máximo de 85 db. Na noite tócanse éxitos do momento e música pop. Con estas medidas mantense ao Oktoberfest como unha festa atractiva para familias e visitantes anciáns e ademais, conservouse a atmosfera orixinal.


[editar] Historia

A primeira Oktoberfest de Múnique, en 1810, nada tiña a ver coa multitude de turistas, enormes vasos de cervexa e o parque de atraccións da actual festa na capital da Baviera. Naquela época, foi instituída unha corrida de cabalos para conmemorar o casamento do príncipe herdeiro Luís, mais tarde rei Luís I da Baviera, coa princesa Teresa de Saxe-Hildburghausen.

A festa, para a cal estaban convidados todos os moradores de Múnique, aconteceu nun parque lonxe do centro, bautizado Theresienwiese, en homenaxe á noiva. Aínda hoxe, é neste mesmo parque que acontece a Oktoberfest de Múnique.

O final e ao mesmo tempo punto alto da festa era a corrida de cabalos, coa presenza da familia real de Baviera. O enorme éxito fixo que fose marcada outra festa para Outubro do ano seguinte, e así comezou a tradición.

O festival de Munique é o maior do mundo. Anualmente, perto de seis millóns de visitantes participan no festival e na feira en Múnique.

Coa emigración dos alemáns, a festa mais popular da Alemaña espallouse polo planeta. Hoxe existen Oktoberfest en diversos países, como: Arxentina, Brasil, Estados Unidos, Hong Kong, Italia, Vietnam, entre outros.

[editar] Próximos Oktoberfests


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -