Neustria
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Neustria foi un reino da época merovinxia.
Á morte de Clodoveo I (Clovis, en francés) o Grande, rei dos francos (561), este dividiu o Regnum Francorum entre os seus fillos. A Clotario I o Vello deulle Neustria, a Teodorico I deulle Austrasia, a Sexismundo deulle Borgoña e a Khildeberto I deulle París.
O territorio de Neustria cubría a rexión noroeste da actual Francia, e a súa capital era Soissons.
Con todo, o termo Neustria (derivado de Niuster «o máis novo») só parece xurdir un século despois. O triunfo de Clotario II en 613 foi o triunfo de Neustria, á que se anexou a Aquitania. Pero, trala morte de Clotario III, Neustria foi sometida a un rei imposto por Austrasia, e dese modo Aquitania pasou a ser independente en 670. Ebroïn fixo o intento de volver dar a Neustria o estatuto de reino independente, pero durou pouco tempo, pois foi vencido en 687 en Testry, aldea de Picardía situada 13 km ao sur de Péronne, por Pipino, duque de Austrasia. A partir de entón, Neustria pasou a ser un estado vasalo de Austrasia, dirixido pola casa de Heristral. Con todo, a distinción entre Neustria, Austrasia ou Borgoña subsistiu, aínda que tendendo a perderse; así, tralo tratado de Verdún de 843, o nome de Neustria designaba apenas o oeste da Baixa Neustria. Finalmente perdeu o seu nome para tomar o de Normandía (en francés, Normandie, orixinalmente Northmannie), unha vez que foi cedida ao normando Rollon en 912.
[editar] Longobardos
Co nome de Neustria tamén se coñeceu unha parte do territorio ocupado polos longobardos no norte da Península italiana. Para este uso ver este artigo.