Normandía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
'Normandie / Normaundie' | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Normandía (en francés Normandie, en normando Normaundie) é unha rexión xeográfica do norte de Francia. A Alta Normandía (Haute-Normandie) está composta polos departamentos franceses de Sena Marítimo e Eure. A Baixa Normandía (Basse-Normandie) está composta por Orne, Calvados e Manche.
O antigo Ducado de Normandía atopábase no norte de Francia, e ocupaba a área baixa do río Sena, o Pays de Caux e a rexión do oeste a través do Pays d'Auxe ata a Península de Cotentin. Historicamente, Normandía foi unha provincia de Francia.
As Illas Anglonormandas aínda que son dependencias da coroa británica, forman cultural e historicamente parte do Ducado de Normandía.
[editar] Referencias
Modelo:Reflist