Ner Tamid
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ner Tamid é o nome dunha comunidade xudía galega, ubicada na cidade da Coruña, a primeira que se formou en Galicia desde o Edicto de expulsión dos Reis Católicos do 1492, exactamente 515 anos despois. A comunidade formouse no verán do 2007, a partires dun grupo informal que se xuntaba para estudar e comentar a Torá, así coma para celebrar o Shabat e outros feriados xudáicos.
A Comunidade actualmente está integrada por medio cento de familias de toda Galicia. Os seus membros son tanto xudeus de orixe asquenací e sefardí coma conversos. En canto ás tendencias, maila a súa adscripción ao xudaísmo reformista, os seus membros son de calquera tendencia, coma a ortodoxa, a masortí, ou a reformista.
Actualmente, Ner Tamid, que se incardina no xudaísmo liberal, está en trámites de adherirse á World Union for Progressive Judaism, e xa forma parte da Society for Classical Reform Judaism.