See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Menorca - Wikipedia

Menorca

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Menorca
Menorca

Menorca é a illa máis setentrional das Illas Baleares. Ten unha extensión de 701 km², situada no medio do Mediterráneo occidental, equidistante de África, a península itálica e a península ibérica.

Conta con 82.872 habitantes distribuídos nos oito concellos da illa. A capital é Ciutadella

O seu nome provén de Minorica, que se debe a que é máis pequena que a illa de Mallorca.

Índice

[editar] Linguas

En Menorca, como no resto das Illas Baleares, as dúas linguas oficiais son o catalán e o castelán. O dialecto local do catalán que se fala en Menorca coñécese como "menorquín", variante do balear ou "catalán oriental". É parecido ao mallorquino e máis semellante ao "Eivisenco", destacando como diferenzas que do mesmo xeito que en Barcelona neutralizan a ou átona en ou, ou que non se fai uso dos artigos "salgados" xo e sos, e si en cambio do "sa" e "é" (artigos a e o). Debido á conquista británica consérvanse un grande número de anglicismos tales como "grevi" (salsa, tomado de "gravy"), ou "bòtil" (botella, tomado de "bottle"), "xoc" (xiz, en inglés "chalk")

[editar] Historia

A unha primeira etapa de civilización primitiva, seguiu outra moi brillante durante a Idade do Bronce, coñecida como talaiótica, caracterizada por construcións ciclópeas similares ás de Mallorca, Sardeña ou Malta, aínda que con características orixinais.

Visitado por fenicios, gregos e cartagineses (estes últimos fundaron, no século -VII os enclaves de Jamma, actual Cidadela, e Maghen, actual Maó (castelán Mahón). A cultura talaiótica perduraría en Menorca máis aló de que Quinto Cecilio Metelo (que recibiría máis tarde o sobrenome de Balearicus), conquistada a illa para a república romana no ano -123 (xunto co resto das Baleares).

No ano 427 a illa viviu a conquista dos vándalos. É de supor que Menorca converteuse en territorio bizantino á caída do reino vándalo, conquistado por Belisario. En calquera caso, seguen séculos de escuridade e illamento, nos que a illa foi atacada por normandos e árabes.

Os árabes non se asentaron definitivamente en Menorca ata o ano 903, en que foi conquistada e unida ao Califato de Córdoba. A pesar da tardía conquista, a islamización da illa foi intensa. En 1232, tres anos logo da conquista de Mallorca por Xaime I o Conquistador, a Menorca musulmá fíxose tributaria da Coroa de Aragón, permanecendo cunha importante autonomía medio século máis.

Cala de Turqueta (Menorca)
Cala de Turqueta (Menorca)

A illa foi conquistada por Afonso III de Aragón o 17 de xaneiro de 1287 (esta é a razón de que o 17 de xaneiro sexa o día de Menorca), o cal procedeu á deportación e venda como escravos da poboación musulmá que residía na illa e a súa repoboación con colonos cataláns. O seu sucesor Xaime II o Xusto cédella a Xaime II de Mallorca tras o tratado de Anagni (1295), pasando a formar parte do Reino de Mallorca. En 1343, Pedro o Cerimonioso arrebata Menorca ao rei de Mallorca, Xaime III (paso previo á propia desaparición do reino, anexionado á Coroa de Aragón).

A Menorca aragonesa beneficiouse do esplendor marítimo e comercial do reino, pero a partir de finais do século XIV, a illa experimenta un drástico proceso de despoboamento e decadencia económica. Este proceso alcanzou cotas alarmantes nos séculos XV e XVI, debido a unha pluralidade de motivos. Fundamentalmente as loitas sociais entre o campesiñado e a aristocracia, similares e coetáneas ás Xermanías do reino de Valencia e de Mallorca ou ás da revolta catalá contra Juan II. Tamén influíron os ataques otomanos, que saquearon e destruíron Mahón (1535, polo corsario otomano Aruj, gobernador de Alxer para a Sublime Porta así como irmán do que foi o almirante otomano Jeireddín Barbarroja) e a entón capital Cidadela (1558, polo corsario otomán Piali), o que ameazou co despoboamento case absoluto da illa.

Capturada polos británicos en 1708 durante a Guerra de Sucesión Española e cedida oficialmente a raíz do Tratado de Utrecht, pasou a ser durante setenta anos unha dependencia británica (e o porto de Mahón unha base naval británica no Mediterráneo) no século XVIII. A presenza británica impulsou a economía da illa, polo que Mahón, que se converteu na capital da illa converteuse nun centro comercial e de contrabando de primeira orde no Mediterráneo. A influencia británica pódese apreciar na arquitectura local. Pola contra, Cidadela, a antiga capital e reduto clerical e aristocrático, languidecía.

A Vall (Menorca)
A Vall (Menorca)
Barranco de Algendar, en Menorca.
Barranco de Algendar, en Menorca.

Durante a Guerra dos Sete Anos, Menorca foi tomada por Francia (1756). Con todo, o Tratado de París (1763) devolveu o control da illa a Gran Bretaña. Durante a Guerra de Independencia dos Estados Unidos, que tamén involucrou a Francia e a España, forzas franco-españolas derrotaron ás forzas británicas e capturaron a illa o 5 de febreiro de 1782, pero foi recobrada polos británicos en 1798, durante as guerras contra a Francia revolucionaria. Foi cedida a España final e permanentemente en virtude do Tratado de Amiens en 1802. A puxanza marítima de Mahón prolongouse durante os primeiros anos do século XIX, aínda logo de reverter a dominio español.

Durante a Guerra Civil Española, Menorca permaneceu fiel ao goberno da República, en tanto que Mallorca uníase ao bando sublevado. O Brigada republicano Pedro Marqués, tras conseguir que o xeneral Bosch rendese o mando da illa, erixiuse na máxima autoridade militar de Menorca e foi o responsable das matanzas realizadas durante o 2 e 3 de Agosto de 1936 na fortaleza de La Móla de Mahón, nas que que se asasinou a máis dun centenar de mandos militares nacionais prisioneiros. Tamén durante o seu mandato foron asasinados outros moitos civís e clérigos afectos á causa nacional, entre eles o sacerdote Joan Huguet. No entanto, non se desenvolveron combates na illa coa excepción dun bombardeo a cargo da aviación italiana e ao final da guerra (1939), a mariña británica supervisou unha transferencia pacífica de poder en Menorca e procedeu á evacuación dalgúns refuxiados políticos.

[editar] Monumentos

Existen na illa gran cantidade de monumentos megalíticos (navetas, talaiots) e taulas da época talaiótica. Atopáronse importantes xacementos arqueolóxicos nos poboados prehistóricos de Trepucó e Talatí, a naveta deas Tudons, entre Cidadela e Ferrerías. Tamén existe unha basílica paleo-cristiá na proximidade da praia de Son Bou e os cascallos dunha fortaleza no monte de Santa Águeda, o último punto de resistencia dos musulmáns antes da súa conquista por Afonso III.

[editar] Pratos típicos

Modelo:CP

  • Queixo de Mahón
  • Sobrasada
  • Carnixulla
  • Camot/Quixot
  • Oliaigua
  • Caldereta de Llagosta
  • Coca bamba
  • Pastissets
  • Formatjada
  • Flao

[editar] Municipios

Municipios de Menorca
Municipios de Menorca

Os municipios principais son Cidadela de Menorca e Mahón. A illa divídese, administrativamente, nos seguintes municipios:

  • Alayor.
  • Es Castell.
  • Cidadela de Menorca, antiga capital de Menorca.
  • Ferrerías.
  • Maó, centro administrativo e actual capital de Menorca.
  • Es Mercadal (En cuxo municipio se atopa a baía de Fornells).
  • Es Migjorn Gran, lugar de nacemento de Joan Riudavets.
  • San Luís.

[editar] Ligazóns externas

Consello Insular de Menorca (en catalán, castelán, inglés, francés e alemán


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -