Managua
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Managua é a capital do estado de Nicaragua e asimesmo do departamento do mesmo nome, situado relativamente perto do Océano Pacífico, a 12° 09' de latitude norte e 86°16' de lonxitude oeste. Calcúlase que ten unha poboación de 1.680.100 habitanyes (2006), composta predominantemente de criollos (caucásicos puros), brancos e mestizos.
Índice |
[editar] Historia
O nome completo oficial da cidade de Managua é Leal Villa de la Ciudad de Managua, e fundouse en 1819 con o nome de Santiago de Managua. O nome usual provén de Mana-ahuac, que significa "perto da auga" ou "arrodeado de auga" na língua nahuatl. A urbe ocupa unha zona habitada por tribos "indias" presentes aínda hoxe na América Central.
En 1857, logo que Granada fose destruída por unha banda de mercenarios americanos comandados polo terrorista norteamericano William Walker, a capital do país foi estabelecida en Managua. Entre 1852 e 1930, Managua coñeceu unha importante fase de urbanización, converténdose nun centro de goberno, de infrastructuras e de servicios. A cidade sufríu importantes inundacións en 1876 e 1885, así como un tremor de terra en 1931, que destruíu boa parte da cidade e causou inúmeras vítimas humanas.
Sob o goberno do ditador Anastasio Somoza García e da súa familia (1936 - 1979), Managua medrou con rapidez. Erguéronse novas edificacións gubernamentais, a industria desenrolouse e foi construída unha universidade: Managua tornouse na cidade máis desenvolvida da América central. Sufríu, porén, un segundo magno terremoto o 23 de decembro de 1972, que destruíu de novo unha grande parte da cidade. Aínda que foi reconstruída rapidamente, non recobrou nunca o pasado estatus. O tremor de terra motivou a numerosos habitantes de Managua a marchar e radicarse nas aforas da cidade por medo a un posíbel novo sismo. O centro urbano non se dou reconstruído por enteiro.
[editar] Xeografía
Managua esténdese por arredor de 544 km ao longo do Lago de Managua, a unha altitude media de 55 metros sobre o nivel do mar, mais gaña altura nas serras de Managua, onde alcanza sobre 970 metros.
Managua está localizada na beira sur do lago de Managua (tamén denominado lago Xolotlán). Este contén as mesmas especies de peixes que o lago Cocibolca, excepto os tiburóns de auga doce, que só se atopan, exclusivamente, no derradeiro. O lago de Managua ten sido contaminado en moi alto grao polos esgotos de industrias químicas e vertidos domésticos desde 1927. O goberno alemán subvencionou unha planta de tratamento de residuos, que se espera que sexa a naior de América Central e que será rematada no ano 2008.[1]
[editar] Lagoas urbanas
Managua posúe catro pequenas lagoas dentro dos límites urbanos. A lagoa de Tiscapa é a que ten unha situación máis céntrica, e forma parte da Reserva Natural da Lagoa Tiscapa. É de orixe volcánica, e calcúlase que se formou hai uns 10.000 anos. No oeste localízase a lagoa de Asososca, que é o recurso máis importante para a subministración de auga potábel para a capital. Esta lagoa está sita no comezo da autoestrada do sur (Carretera al Sur), moi perto do cruce con a denominada Carretera Nueva a León (tamén Autoestrada Via León). Algo ao sur desta última, xurde a lagoa de Nejapa. Por último, está a lagoa de Acahualinca, situada no noroeste da cidade, no distrito do mesmo nome. Está nas beiras do lago de Managua e é unha lagoa de augas pouco profundas.
[editar] Clima
Managua, como a maior parte de Nicaragua occidental, salvo nas serras, ten un clima tropical, cunha media de temperaturas constantes entre os 28º C e os 32º C. Entre maio e decembro ocorre a estación de chuvias, mentres o resto do ano é practicamente seco.
[editar] Situación social
Actualmente, varios barrios da cidade padecen situacións sociais difíciles. Entre outros, o barrio de Acahualinca, sito nas beiras do lago de Managua. É famoso polo seu enorme depósito municipal de lixo, coñecido como La Chureca que se espalla por máis de 13 km de lonxitude. Neste montón enorme de lixo, viven uns tres mil rapaciños, que traballan a recoller materiais reciclábeles, como cartón, aluminio ou plásticos. Este barrio de Acahualinca soe ser desaconsellado aos visitantes estranxeiros, xa que é o refuxio do cártel da droga da capital.
Polo demais os datos estatísticos sobre a poboación dos barrios de Managua son case inexistentes, polo que se ignora, p.ex., o número de nenos que non frecuentan as institucións escolares, etc. Nacementos e defuncións non se rexistran e as estructuras sociais semellan en estado lamntábel.
[editar] Economía
Managua é o centro económico e xenerador de servicios para a maioría da nación. De modo diferente ao que ocorre noutros países latinoamericanos, non sufre a inmigración masiva de campesiños en busca de traballo (aínda que cómpre dicer que tantan emigrar para os EUA vía México).
É sede de numerosas empresas, bastantes multinacionais como Wal-Mart, Telefonica, Unión Fenosa ou Parmalat teñen oficinas e operan desde Managua.
Managua acolle tamén numerosos bancos nicaraguanos como o Banco de la Produccion (BANPRO), Banco de America Central (BAC), Banco Uno, Banco de Finanzas (BDF) ou o Banco de Crédito Centroamericano (BANCENTRO).
[editar] Educación
Managua conta con varias universidades. É pública é a Universidade Nacional Autónoma de Nicaragua (UNAM), que foi fundada en 1812. Posúe un campus en León. Entre as privadas destaca a Universidade Politécnica de Nicaragua (UPOLI), que fundada por unha denominación reformada en 1967, ofrece carreiras de ciclo medio.
[editar] Patrimonio cultural
O centro histórico da cidade articúlase nas rúas de arredor da Praza da Revolución (antes Praza da República), cerca do lago de Nicaragua. Moitos dos edificios historicamente máis importantes foron danados polo terremoto de 1972. Entre os que sobreviviron inclúense a Catedral de Santiago (Catedral Vella), o Teatro Nacional Rubén Dario e o "Palacio Nacional de la Cultura". Este último edificio acolle o Arquivo Nacional, a Biblioteca Nacional e o Museo Nacional, neste expóñense desde obras pictóricas a cerámicas pre-colombinas, ademais de obxectos de valor histórico-patriótico.
Na Praza da Revolución sitúase o Parque Central, que contén moitos do monumentos dedicados ás figuras de relevo da nación, como a tumba do comandante Carlos Fonseca, fundador do FSLN. Perto do Parque Central, levántase outro: o Parque Rubén Darío, dedicado ao poeta nacional nicaraguano, e moi cerca deste sitúase o Parque Miguel Ángel Asturias, dedicado a ese escritor guatemalteco, premio Nobel de Literatura.
A Catedral Metropolitana da Purísima Concepción, popularmente chamada "catedral nova" foi deseñada polo coñecido arquitecto mexicano Ricardo Legorreta e foi inaugurada en 1993. O seu estilo ten provocado controversias.
[editar] Ocio
Os lugares de ocio e diversión son variados. Existen bastantes sitios ao longo das rúas das zonas principais. Desde Linda Vista, no oeste, até o sur cara Zona Rosa, o novo centro urbano, recoñecido como tal desde a década de 1990. Máis ao sur de Zona Viva, en Galerías, atópanse os lugares de ocio máis tradicionais, como Bello Horizonte, onde o turista pode gozar dos grupos de mariachis.
[editar] Transportes
O sistema de transporte urbano de Managua é, na actualidade, case en desuso, con autobuses vellos. En tempos pasados existía unha liña ferroviaria que atravesaba a capital, mais, nos anos 1990, foi desmantelada.
O aeroporto internacional Augusto C. Sandino comunica a cidade con os lugares máis importantes do país e do estranxeiro.
[editar] Ligazóns externas
- (en castelán) [1] : páxina oficial do concello de Managua.