See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Lique - Wikipedia

Lique

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Os liques son seres vivos moi simples que se desenvolven como láminas ou placas de varias cores na superficie de árbores ou de pedras, expostas á humidade e ao sol. Son xeralmente estudados polos botánicos, a pesar de non seren verdadeiras plantas. Os liques son unha simbiose – un organismo formado por un fungo (o micobionte) e unha alga ou cianobacteria (o fotobionte). Algúns taxonomistas colocan os liques na súa propia división (Mycophycophyta), mais isto ignora o feito de que os compoñentes pertencen a liñaxes separadas.

A verdadeira natureza desta simbiose é aínda tema de debate polos científicos. Algúns afirman que o fungo é un parasito do fotobionte; no entanto, en moitos casos, a alga soa non sobrevive no hábitat ocupado, así como o fungo illado tamén non sobrevive e, polo tanto, non é realísta usar o termo parasita.

O micobionte dos liques pertence, na súa maioría á clase Ascomycetes (por riba do 95% ), sendo os restantes Basidiomycetes. Cada especie de lique ten unha especie diferente de fungo e é con base nesa especie que os liques son clasificados. A clasificación baséase, en xeral nas características do talo e órganos reprodutivos. Están descritas 13500 a 17000 especies de liques, de acordo con diferentes sistemas de clasificación. Cerca do 20% das especies de fungos coñecidas pertencen a liques.

Os fotobiontes son moito menos numerosos cós micobiontes, ou sexa, a mesma especie de alga pode facer parte de varios liques diferentes. Moitas especies de alga, se non todas, poden existir illadamente nalgúns habitats, mais cando fan parte dun lique, presentan unha distribución moito maior.

[editar] Como funciona a simbiose

O micobionte beneficía da simbiose a través dos azucrees, que son o seu alimento, producidos pola alga, a través da fotosíntese. A alga gaña protección, unha vez que o fungo normalmente forma a superficie externa e mantén o interior do talo húmido, resultando nun ambiente máis estábel para a alga, que pode entón desenvolverse máis. O fungo consegue o azucre a través de hifas especiais, chamadas apresorios ou haustorios que entran en contacto coa parede celular das células da alga. Aparentemente, o fungo pode producir unha substancia que aumenta a permeabilidade da parede da alga e permítelle adquirir, por difusión, ata 80% do azucre que a alga produce.

[editar] Morfoloxía dos liques

A forma do talo depende da especie de fungo presente e fórmase por hifas, que se ramifican e se anastomosan. A superficie é normalmente unha capa de hifas moito compacta, chamada cortex e, logo a seguir, atopase a capa de algas. Por baixo desta capa, atopase a medula, unha área onde as hifas deixan espazos onde se almacenan nutrientes. Por veces existe un córtex inferior, en canto que noutras especies, a medula está directamente en contacto co substrato.

[editar] Clasificación dos liques

Aínda que poida haber outras clasificacións dos liques, distínguense os seguintes tipos:

  • Liques encrustantes
  • Liques escamosos
  • Liques foliosos
  • Liques fruticosos e
  • Liques filamentosos

No entanto, para un grupo tan diverso, sempre existen exemplos que non se conforman coas clasificacións existentes. É o caso da Cladonia, que é un tipo de lique cun talo primario e un talo secundario, en que o talo primario está directamente agarrado ao substrato, en canto que o talo secundario ten un crecemento significativo, parecido co dos liques fruticosos.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -