Reprodución
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nota lingüística: Como abaixo se explica, a palabra reprodución pode utilizarse en variadísimas circunstancias. Cando se fai referencia á reprodución humana é preferíbel o uso da palabra procreación.
- Reprodución é o acto de producir unha copia, un produto igual, ou de substituír unha cousa xa existente por outra igual, como por exemplo a través dunha fotocopia. Exemplo:Ese cadro é unha reprodución dun de Velázquez.
- Do punto de vista da bioloxía, a reprodución é a función a través da cal os seres vivos producen descendentes.
Pode tamén, eufemisticamente, falarse do nacemento, crecemento, "reprodución" e morte das rochas, das montañas, dos ríos, etc.
Este artigo trata da reprodución no mundo vivo, en que se coñecen dous tipos principais:
- reprodución sexual ou sexuada e
- reprodución asexual ou asexuada
Índice |
[editar] Reprodución asexual
Reprodución asexual (ou "reprodución asexuada") é un proceso biolóxico polo cal un organismo produce unha copia xeneticamente igual a si mesmo, sen haber recombinación de material xenético.
O caso máis simple é o acto de plantar unha estaca dunha planta - estamos a "reproducila" artificialmente.
De feito, moitas especies de plantas teñen esta capacidade, sen necesidade da intervención do home: xeran estolóns que crían raíces e despois se tornan independentes da "planta mai", ou simplemente unha parte do talo ou do soma sepárase da planta nai e pode fixarse noutro lugar, dando orixe a unha nova planta.
Moitos animais, como a hidra, tamén xeran gomos na súa superficie externa que se poden desenvolver como novos individuos. Non se debe confundir esta característica coa capacidade que teñen algúns animais, como os lagartos e os caranguexos, de rexenerar partes do seu corpo, como un membro ou parte do rabo que perderon por accidente -pois isto non se trata de reprodución-.
Moitas especies de animais capaces de reprodución sexual tamén teñen a capacidade de se reproducir asexuadamente (véxase partenoxénese).
Algunhas espermatófitass, en que a norma é a reprodución sexuada, poden igualmente producir sementes sen que haxa a fertilización dos óvulos, un proceso coñecido por apomixía.
Nos organismos unicelulares, como as bacterias e as leveduras, a norma é a reprodución asexuada - fisión binaria das células -, mais mesmo estas especies teñen necesidade de realizar reprodución sexuada, co fin de renovar o seu material xenético.
[editar] Reprodución sexual
A reprodución sexual ou "sexuada" implica a combinación de material xenético (normalmente o DNA) de dous seres separados a través da conxugación de dúas células.
Esta definición engloba a "reprodución sexual" das bacterias, de moitos protistas e dos fungos, sen que haxa a necesidade de definición de sexos. Tamén se chama este tipo a reprodución sexual indiferenciada.
Nos restantes organismos vivos, a reprodución sexual asume formas diferentes, especialmente entre os animais e as plantas.
[editar] Reprodución sexual indiferenciada
Nas bacterias e, en xeral, en moitos seres unicelulares de sexo indiferenciado, dúas células aparentemente iguais conxúganse, combinan o material xenético de ambas (normalmente o DNA), formando un cigoto que normalmente sofre meiose para producir dúas ou máis células iguais ás proxenitoras.
En moitas especies de fungos -xeralmente haploides- as hifas de dous "individuos" conxúganse para formar unha estrutura onde, en células especiais, se dá a conxugación dos núcleos e posteriormente a meiose, para producir esporas novamente haploides que van dar orixe a novos "individuos". Noutros casos, libéranse células sexuais iguais e móbiles - isogametos - que se conxugan. (Os fungos actualmente considéranse como pertencentes a un reino separado das plantas e dos animais).
[editar] Reprodución sexual nos animais
Nos animais máis familiares para os seres humanos, a reprodución envolve a unión de dous seres de sexos diferentes - o macho e a femia, o primeiro dos cales transfire para a segunda a "sementiña" que vai dar orixe a un... bebé (un fillo).
A "semente" do macho chámase espermatozoide, que vai fecundar o ovocito da femia, que transfórmase nun óvulo, que se desenvolverá nun embrión. O nome xenérico das células sexuais é gametos, que se producen en órganos sexuais chamados gónadas.
En moitos casos, como nos mamíferos, aves e réptiles, a fecundación é interna, quer dicir, o óvulo encóntrase dentro do corpo da mai, e o pai ten que introducir aí os espermatozoides, nun acto chamado cópula. En moitos animais, o macho posúe para ese fin un órgano copulador que, nos mamíferos, se chama pene.
Na maioría dos animais acuáticos, no entanto, a fertilización é externa: a femia liberta os óvulos na auga (desova) e o macho libera os espermatozoides igualmente na auga.
[editar] Reprodución sexual nas plantas
Nas plantas... toda a xente sabe que as abelliñas transportan o pole... ou sexa, unha reprodución máis "limpa".
De feito, as "plantas" (incluíndo as algas, mais excluíndo os fungos - véxase "Reprodución Sexual Indiferenciada" máis arriba) teñen igualmente órganos sexuais que producen gametos, tal como os animais: o gameto feminino chámase igualmente óvulo e é igualmente inmóbil e o masculino chámase anterozoide. A gónada feminina chámase ovario (tal como nos animais) e a masculina antera, nas plantas que producen flores, as anxiospérmicas. Noutros grupos de plantas, os nomes varían (véxase musgo, felgo, conífera).
O anterozoide só se libera do gran de pole (ou da estrutura correspondente, por exemplo, o anterídeo dos musgos) nun ambiente húmido, como o estigma das anxiospérmicas ou o ovario aberto das ximnospérmicas.
[editar] Estratexias de reprodución
Un dos problemas principais que os organismos vivos tiveron que resolver ao longo do proceso evolutivo para tentaren "perpetuar" a especie foi a supervivencia dun número suficiente de descendentes.
Para alén de eventuais situacións de falta de alimentos e da predación, é necesario pensar que os recén nacidos son xeralmente moito máis sensíbeis que os adultos ás variacións do medio ambiente, como a temperatura, ventos, correntes oceánicas, etc.
As formas como os organismos resolveron eses problemas chámanse estratexias reprodutivas. Os animais "concentraron" as súas atencións na protección dos óvulos, dos embrións ou das crías. As plantas especializáronse nas formas de diseminación dos produtos sexuais.
[editar] Estratexias de reprodución dos animais
Unha vez que son "descendentes" das bacterias e dos protistas, os animais comezaron como ovíparos, ou sexa, o cigoto, con maior ou menor protección, lánzase no mundo, á súa sorte. Nos animais actuais, a maioría dos invertebrados e dos peixes son ovíparos.
As estratexias para a supervivencia deses cigotos -e dos embrións que deles resultan- inclúen:
- a produción dun grande número de cigotos;
- o desenvolvemento de estados larvares ben adaptados ao medio ambiente; ou
- os coidados parentais - un ou ambos os proxenitores coidan dos ovos até estes romperen ou mesmo até as crías atinxiren un tamaño que lles permita sobrevivir por si propias -é o caso da maioría das aves e mamíferos e dalgúns peixes-.
Outra forma de protexer os cigotos é deixalos desenvolvérense dentro do corpo do mai. Esta estratexia foi desenvolvida en dúas fases:
- nunha primeira fase, o ovo de feito recibe só a protección física da mai en relación ao medio ambiente; o ovo ten as súas propias reservas nutritivas e o embrión desenvólvese independentemente do metabolismo materno -ovoviviparidade-.
- nunha segunda fase, o corpo materno desenvolve un sistema, non só de protección, mais tamén de alimentación do embrión (incluíndo a pasaxe de anticorpos contra eventuais doenzas), baseado no seu propio metabolismo -viviparidade.
Unha consecuencia destas últimas estratexias é que o número de cigotos non pode ser moi elevado e a mai non pode repetir o proceso con tanta frecuencia; por outro lado, os embrións teñen maior probabilidade de sobreviviren, en canto a mai prosegue a súa vida.
Chámase a este tipo de desenvolvemento evolutivo selección-K, en canto que a estratexia de producir un grande número de cigotos evolucionou segundo un proceso de selección-r.
[editar] Estratexias de reprodución das plantas
Nesta sección, considéranse todas as plantas multicelulares no sentido xenérico, ou sexa, como estes organismos foron considerados por Lineu e polos primeiros botánicos- incluíndo os fungos, os musgos, as algas e as plantas verdes -porque todos estes grupos teñen algunhas características comúns no que respecta á reprodución.
Ao contrario dos animais, as plantas en xeral teñen unha grande capacidade de reprodución vexetativa, ou sexa, asexual: as partes vexetativas (= non-reprodutoras) poden facilmente producir unha nova planta. Por exemplo, un pedazo de hifa dun fungo transportada na pata dun can ou dunha mosca pode producir outro "individuo" da mesma especie noutro lugar. Un pedazo do talo dunha alga arrastrada polas correntes oceánicas pode producir unha nova alga noutro lugar onde as condicións sexan adecuadas. As plantas verdes rastreiras moitas veces lanzan estolóns que producen raíces e pódense tornar independente da planta mai.
No entanto, todas as plantas -tal como os animais- necesitan da reprodución sexuada para o proceso evolutivo, ou sexa, necesitan de "renovar" o seu material xenético. Mais nas plantas -ao contrario dos animais- os órganos reprodutores encóntranse en individuos diferentes dos órganos vexetativos. A este proceso chámase alternancia de xeracións.
Mais é na dispersión das varias estruturas que as plantas xeran para se reproducir que encontramos maiores especializacións:
- As espermatófitass (plantas que producen sementes) desenvolveron estratexias para a diseminación dos seus produtos sexuais a dous niveis:
- Pole - os grans de pole son as estruturas que transportan os gametos masculinos e, para que estes poidan fecundar os óvulos, teñen formas de actuación diversificadas -diferentes tipos de polinización:
- Algunhas especies de plantas producen sementes por autofecundación, ou sexa, o anterozoide dunha flor pode fecundar con éxito o óvulo da mesma flor; nestas plantas, a flor pode abrir só despois da fecundación;
- A norma, entrementres , é a fecundación cruzada, en que o pole dunha flor debe fecundar o óvulo doutra ou, de preferencia doutra planta diferente da mesma especie, a fin de asegurar a recombinación xenética; para este fin, os grans de pole son xeralmente moi pequenos e leves, podendo ser transportados polo vento (polinización anemófila), pola auga (nas plantas acuáticas -polinización hidrófila)-, ou por animais (polinización zoófila), quer involuntariamente, como fan os colibrís cando van beber o néctar da flor, quer voluntariamente, como fan as abellas e outros insectos, que se alimentan de pole (polinización entomófila). Nestes últimos casos, o néctar ou outras especializacións da flor son desenvolvementos evolutivos destinados ao éxito da reprodución sexuada.
- Sementes -son as estruturas que resultan da fecundación e transportan o embrión que, en condicións ambientais favorábeis, irán dar orixe a plantas iguais. Para iso, as plantas desenvolveron durante o proceso evolutivo varias estratexias, moitas das cales actúan ao mesmo tempo:
- Vida latente -os embrións das plantas poden ficar moito tempo sen se desenvolveren, en canto as condicións apropiadas de temperatura e humidade non surxen;
- Pericarpo leñoso
- Dispersión das sementes
- Pole - os grans de pole son as estruturas que transportan os gametos masculinos e, para que estes poidan fecundar os óvulos, teñen formas de actuación diversificadas -diferentes tipos de polinización:
- Os outros grupos de plantas, incluíndo os fentos, os fungos, os musgos e as algas disemínanse por esporas, que son células haploides cunha parede celular extremamente resistente producidas por meiose en órganos especiais - os esporanxios.