Montaña
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha montaña é un accidente xeográfico, que podemos definir como unha elevación sobre terreo colindante, formada normalmente a partir de sinclinais e erosión. A unha secuencia de montañas chámase cordilleira. Unha montaña ten unha altitude bastante superior a un outeiro (ou colina), aínda que non exista unha altitude específica para esa diferenciación. Así, cada autoridade no asunto asume valores convenientes, aínda que a montaña sexa tipicamente escarpada, de grande inclinación e con sobreposición de relevos.
A superficie do planeta Terra é nun 24% montañosa; o 10% da poboación mundial vive en terreo montañoso. Todos os ríos nacen en montañas, o que torna máis de metade da humanidade dependente das montañas por seren responsábeis da auga fluvial.
[editar] Montañas máis altas
Por continentes:
- África: Kilimanjaro (5.895 m)
- América: Aconcagua (6.959 m)
- Asia: Everest (8.846 m), a máis alta do mundo.
- Europa: Elbrus (5.633 m)
- Oceanía: Jaya (5.029 m)
- Antártida: Monte Vinson (4.897 m).
[editar] Ver tamén
- Lista de montañas da Terra
- Lista de montañas da Lúa
- Lista de montañas da Marte