Lingua punjabi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Punjabi (ਪੰਜਾਬੀ ou پنجابی) | ||
---|---|---|
Pronuncia: | pañjābī, panjābī | |
Falado en: | Paquistán, India, e noutros países con inmigrantes Punjabi.´ | |
Rexión: | Punjab | |
Total de falantes: | 104 millóns (aprox.) | |
Posición: | 14 | |
Clasificación xenética: | Indoeuropea Indo-iraniana Indo-ariana Punjabi |
|
Escrita: | Gurmukhi, Shahmukhi | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Punjab (india), Haryana, Chandigarh e Deli. | |
Regulado por: | sen regulador oficial | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | pa | |
ISO 639-2: | pan | |
ISO/DIS 639-3: | varios: pan — Punjabi (xenérico) pnb — Punjabi (oeste) pmu — Punjabi (Mirpuri) lah — Lahndi |
O punjabi (ou panjabi; nome local: ਪੰਜਾਬੀ / pañjābī ou پنجابی / panjābī) é unha lingua indoeuropea da rama das linguas indoiranianas falada na India (rexión do Punjab) e no Paquistán, por preto de 100 millóns de falantes (entre todos os dialectos; ese número pode ser ben máis pequeno de excluírmos certos dialectos); deriva de prácritos, como o hindi, pero é máis arcaico, e, xa que logo, máis irregular que este.
Para a súa escritura emprega principalmente o semisilabario gurmukhî, así como o devanagari ou o alfabeto árabe na súa variante persa.
Esta lingua sería, co hindi, a lingua nai do romaní, a lingua dos xitanos. O punjabi é unha lingua con acento de altura, á maneira do sánscrito outrora, e funciona con tres entoacións. É unha das poucas linguas indoarias modernas dese tipo.
[editar] Ver tamén
[editar] Ligazóns internas
- lingüística
- linguas do mundo
- linguas indoeuropeas
- linguas indoiranianas
- linguas indias
- linguas indoiranianas
- linguas indoeuropeas
- linguas por zona xeográfica
- linguas da India