Punjab
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Punjab (tamén grafado Penjab - ou Panjâb ou Pendjab) é o nome tradicional dun amplo territorio, repartido entre a a India e o Paquistán, que designa tamén os territorios punjabís de cada un deles.
Índice |
[editar] Nome
Panjâb significa « (país dos) cinco ríos » (do persa Panj "cinco", a mesma raíz que se observa no grego penta + ab "agua"), que son: o Beas, o Chenab, o Jhelum, o Ravi e máis o río Sutlej. Os cinco ríos, agora divididos entre a India e o Paquistán, únense para formar o Panjnad, que se une ao Indo.
Desta rexión asiàtica procede o pobo xitano.
[editar] Xeografía
A maior parte do Punjab é unha chaira aluvial, que no norte está delimitada por cadeas montañosas. A pesar do seu clima predominantemente seco, é unha rica zona agrícola, mercé as obras de irrigación que posúe, feitas posíbeis grazas aos ríos que a atravesan. As tenperaturas do territorio son extremadas ao longo do territorio e oscilan entre -20º C e 40º C, pero nos meses do verán poden alcanzarse os 47º C.
[editar] Poboación
En total Paquistán ten uns 70 millóns de punjabís e a India uns 39 millóns.
[editar] Historia da división
Cada un dos dous países obtivo unha porción do país dos sikh no momento da independencia e partición do subcontinente indio, despois de 1948, pois nesa época os sikhs non manifestaron desexar ter un estado propio; en tal altura seguían a Gandhi e eran contrarios a Muhammad Ali Jinnah, que obtería a creación dunha república islámica (é dicir Paquistán).
Máis tarde, durante os anos da década de 1980, xurdiron aspiracións para crear un estado sikh, Khalistan, desexo que levou ao masacre do Templo de Ouro , en Amritsar, e que foi seguido do asasinato da líder india Indira Gandhi, polos seus mesmos gardas sikhs.