See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Juan Díaz Porlier - Wikipedia

Juan Díaz Porlier

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Estatua de Porlier na Coruña.
Estatua de Porlier na Coruña.

Juan Díaz Porlier (Cartaxena de Indias, 1788 - A Coruña, 1815), militar español.

[editar] Biografía

O 19 de setembro de 1815 pronúnciase na cidade da Coruña o xoven mariscal de campo Don Juan Díaz Porlier. No comezo da Guerra da Independencia foi coñecido polo alcume do "Marquesito" por terse feito pasar, para reunir voluntarios, por sobriño de Don Pedro Caro Sureda, terceiro marqués de La Romana e heroe do regreso a España da división española destinada en Dinamarca.

Con 27 anos, un despois da concesión do título de mariscal pola súa actuación na Guerra da Independencia, disconforme coa vulneración da Constitución gaditana e ao non gustarlle o réxime saído do Manifiesto de los Persas, inicia conversacións con outros liberais. Traizoado polo seu propio secretario, foi detido en Madrid e condeado a 4 anos a cumprir no Castelo de San Antón, na Coruña, de onde sae en prisión atenuada para tomar baños medicinais no veciño pobo de Arteixo, polo que pasa a residir na casa de don Andrés Rojo del Cañizal, en Pastoriza, onde seguíu conspirando. Contacta asimesmo con Sinforano López quen o conecta co grupo liberal da Coruña, formado por burgueses e intelectuais, e cunha parte importante dos oficiais dos batallóns acantoados na Coruña. Cando as autoridades tiveron noticia destos contactos detiveron e executaron a Sinforiano López en abril de 1815.

Porlier decide convocar o pronunciamento en favor da constitución do 1812 na noite do 19 de setembro de 1815. Esa noite detense ao Capitán Xeneral e publícanse tres proclamas dirixidas ao exército, ao pobo e á oficialidade de Santiago. Despois, ao fronte dos batallóns sublevados diríxese a Santiago de Compostela con intención de que as autoridades e corpos militares alí acuartelados se unan ao pronunciamento, pero nun descanso no camiño, no Mesón de Deus, ou de Viqueira, como tamén se lle coñece, sito á entrada do pobo de Ordes, namentras escribe ao carón da lumbre, é traizoado por un grupo de sarxentos do 6º Rexemento de Marina.

Levado primeiro a Santiago de Compostela, pasa posteriormente á Real Audiencia e Capitanía da Coruña, onde o Capitán Xeneral Felipe de Saint Marq sométeo a un encausamento no que xa entraba condeado a morte. É conducido ata o patíbulo montado nun asno cunha levita verde e executado na forca que se elevou no Campo da Leña o 23 de outubro de 1815, para posteriormente queimar os seus escritos e proclamas. Nos seus derradeiros días, escribíu unha carta á su muller, dona Josefa Queipo de Llano, onde dicía:

“nada te aflija el género de muerte que me dan, porque ella no deshonra sino a los malos, a los buenos les cubre de honor y gloria”.

Redacta así do seu puño e letra o epitafio que habería de colocarse sobre a súa sepultura. A viúva foi encerrada nunha cela dun pequeño Colexio de Orfas na cidade de Betanzos baixo a custodia de Vicente Feliciano Faraldo -pai de Antolín Faraldo- un dos absolutistas máis fanáticos, que levou o seu celo ao extremo de non permitirlle á esposa de Porlier abrir os baúis que conservaban as roupas e os obxectos persoais do seu marido ata cinco anos despois, cando o levantamento liberal obrigouno a fuxir e a liberar á viuva.

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -