See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Joseph Conrad - Wikipedia

Joseph Conrad

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Joseph Conrad (Józef Teodor Nałęcz Konrad Korzeniowski, Berdychev, Ucraína, 1857Canterbury, Inglaterra, 1924) foi un novelista británico de orixe polaca.
As súas novelas etiquetadas ás veces de románticas anticipan no tratamento do colonialismo e nos tintes irónicos a nova estética do modernismo.

Índice

[editar] Biografía

Foi fillo dun aristócrata, de quen herdaría o seu amor pola literatura. Seu pai, de ideoloxía nacionalista e liberal, sería arrestado en Varsovia polo seu apoio á insurrección polaca de 1863 e condenado a traballos forzados en Siberia polas autoridades rusas. Morta a súa nai de tuberculose en 1865 e o seu pai en 1869, un tío materno de Cracovia encargarase do pequeno Conrad ata que en 1874 viaxe a Marsella onde se embarcará como mariñeiro.

Ata 1878 navegará en mercantes franceses por Sudamérica, India, Arquipélago Malaio, África, Australia e Inglaterra, onde finalmente ingresará na Mariña Real, da que chegará a ser capitán. Adoptou a nacionalidade británica en 1886, mudando o seu nome polaco polo máis simple de Joseph Conrad.

Logo dunha tentativa de suicido fanado por unha historia de amor, e de servir durante dezaseis anos na mariña mercante británica, abandonará a súa vida de mariño e comezará a escribir. Viviu por temporadas en Londres, en Lowestoft, en Suffolk e Bishopsbourne, preto de Canterbury. Coñeceu e mantivo relacións de amizade con John Galsworthy, Rudyard Kipling, Henry James, Bernard Shaw e Bertrand Russell.

Morreu dun ataque ó corazón o 3 de agosto de 1924 e está enterrado en Canterbury.

[editar] Obras

A súa obra narrativa, escrita toda en inglés, sitúase entre o realismo literario, na tradición de Charles Dickens e Fiódor Dostoievski, e o modernismo, sendo en boa medida a síntese dunha reelaboración autobiográfica. O mar e as aventuras da vida mariña narradas cun dominio lingüístico pouco usual calaron fondo nun pobo marítimo como o inglés. Bertrand Russell, que sentía verdadeira admiración pola obra de Conrad, bautizaría un dos seus fillos co seu nome.

A súa primeira novela, Almayer's Folly (1895), sitúa a acción na costa leste de Borneo. Nostromo (1904) é un estudo panorámico da revolución en Sudamérica, mentres The Secret Agent e Under Western Eyes foron das primeiras novelas modernas en tratar do terrorismo e a espionaxe. O tránsito da mocidade ó mundo dos adultos e das súas responsabilidades é narrado co pano de fondo do mar e da vida a bordo en The shadow line. As operacións de tráfico de armas e as conspiracións políticas en que se viu envolto o Conrad mozo terían o seu reflexo na súa novela tardía, A frecha de ouro (The Arrow of Gold).

A novela máis coñecida é Corazón da escuridade(Heart of Darkness). Baseada na viaxe que fixera en 1890 polo río Congo, considérase un alegato contra do colonismo europeo en África, pero é tamén unha historia de nobres ideais que se transforman en barbarie e perversión.

[editar] Listaxe de obras

[editar] Novelas

  • Almayer's Folly (1895)
  • An Outcast of the Islands (1896)
  • The Nigger of the 'Narcissus' (1897)
  • Corazón da escuridade (Heart of Darkness) (1899) (tradución ó galego de Manuel Outeiriño, 1997)
  • Lord Jim (1900)
  • The Inheritors (1901)
  • Tifón (Typhoon) 1899 (tradución ó galego de Xavier Queipo, 1999)
  • Romance (1903)
  • Nostromo (1904)
  • The Secret Agent (1907)
  • Under Western Eyes (1911)
  • A Personal Record (1912)
  • Chance (1913)
  • Victory (1915)
  • A liña de sombra (The shadow line) (1916) (tradución ó galego de Ana Iglesias Francos e Benigno F. Salgado, 2000)
  • The Arrow of Gold (1919)
  • The Rescue (1920)
  • The Nature of a Crime (1923)
  • The Rover (1923)

[editar] Narrativa breve

[editar] Short stories

  • "The Idiots" (o primeiro relato breve de Conrad, publicado en Savo 1896 e recollido en Tales of Unrest, 1898).
  • "The Black Mate" (escrito en 1886 segundo Conrad; publicado en 1908; recollido postumamente en Tales of Hearsay, 1925).
  • "The Lagoon" (composto en 1896; publicado en Cornhill Magazine 1897; recollido en Tales of Unrest, 1898).
  • "An Outpost of Progress" (redactado en 1896 e recoñecido en 1906 por Conrad, despois da publicación de Lord Jim e Heart of Darkness, como o seu mellor relato breve; publicado en Cosmopolis 1897 e recollido en Tales of Unrest 1898; comparado con Heart of Darkness, novela coa que ten numerosas afinidades temáticas).
  • "The Return" (escrito en torno a 1897; recollido en Tales of Unrest, 1898; Conrad odiábao).
  • "Karain: A Memory" (escrito en 1897 e publicado ese mesmo ano en Blackwood's; recollido en Tales of Unrest, 1898).
  • "Falk" (novela breve escrita en 1901; recollida en Typhoon and Other Stories, 1903).
  • "Amy Foster" (redactada en 1901; publicada en Illustrated London News e compilada con outros relatos breves en Typhoon and Other Stories, 1903).
  • "To-morrow" (escrita en 1902; serializada en Pall Mall Magazine, 1902, e recollida en Typhoon and Other Stories, 1903).
  • "Gaspar Ruiz" (escrita despois de "Nostromo" en 1904-1905; publicada en Strand Magazine en 1906 e recollida en A Set of Six, 1908. Este relato foi o único adaptado para o cine polo autor como Gaspar the Strong Man, 1920).
  • "An Anarchist" (escrito en 1905; serializado en Harper's in 1906; aparece en A Set of Six, 1908)
  • "The Informer" (escrito antes de xaneiro de 1906; publicado en decembro en Harper's e recollido en A Set of Six, 1908)
  • "The Brute" (escrito a comezos de 1906; publicado en The Daily Chronicle en decembro de 1906; recollido en A Set of Six, 1908)
  • "The Duel" (publicado en varias entregas no Reino Unido (RU) en Pall Mall Magazine en 1908; recollido en A Set of Six en 1908 e publicado por Garden City Publishing in 1924.)
  • "Il Conde" (i.e., 'Conte' [count]: apareceu en Cassell's [RU] 1908 e Hampton's [EUA] en 1909; recollido en A Set of Six, 1908)
  • "The Secret Sharer" (escrito en decembro de 1909; publicado en Harper's e recollido en Twixt Land and Sea 1912)
  • "Prince Roman" (escrito en 1910, publicado en 1911 en Oxford and Cambridge Review; baseado na historia do Príncipe Roman Sanguszko de Polonia 1800-1881)

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -