Río Congo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Congo é o río máis grande da África occidental. Cos seus 4.380 km é o segundo río máis longo de África, só superado polo Nilo, de tormarmos o río Chambeshi como orixe entón a lonxitude aumenta ata os 4.700 km. O río e os seus afluentes percorren o segundo bosque tropical máis importante do mundo, logo do Amazonas. No río atópanse máis de 4.000 illas O río dá nome a dous estados, a República Democrática do Congo e a República do Congo e ao antigo reino do Kongo. Entre 1971 e 1997 o goberno do entón Zaire deulle o nome de río Zaire.
As fontes do Congo están nas zonas altas e montañas do Gran Val do Rift, así como no lago Tanganyika e o Mweru.
A foz do congo visitárona o portugués Diogo Cão en 1482 e no 1816 unha expedición británica chegou ata Isangila. Henry Morton Stanley foi o primeiro europeo en navegar o río en toda a súa extensión e en informar que o Lualaba non era a orixe do Nilo como el suxerira.
Case a totalidade do Congo é navegable (agás 250 km), e en unión dos camiños de ferro, boa parteo do comercio de África central pasa ao longo del.
[editar] Afluentes
Dende a foz cara o nacemento