Josef Mengele
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Josef Mengele (16 de marzo de 1911 - 7 de febreiro de 1979) foi un médico nazi que realizou experimentos nos prisioneiros do campo de concentración de Auschwitz. É considerado un asasino sádico e participante na selección de persoas para ser enviadas as cámaras de gas.
Coñecíaselle como "Beppo" e como o "Anxo da morte".
Mengele era o maior dos tres fillos de Karl Mengele (1881-1959) e a súa esposa Walburga (falecida en 1946), uns acaudalados industriais da cidade de Günzburg (Baviera). Os seus irmáns pequenos eran Karl Mengele (1912–1949) e Alois Mengele(1914–1974). Estudou medicina e antropoloxía nas universidades de Múnic, Viena e Bonn. En Múnic doutorouse en antropoloxía en 1935 cunha tesee doutoral acerca das diferenzas raciais na estrutura da mandíbula inferior, baixo a supervisión do profesor Theodor Mollison. A continuación viaxou a Frankfurt, onde traballou como axudante de Otmar von Verschuer no Instituto de Bioloxía Hereditaria e Hixiene Racial da Universidade de Frankfurt. En 1938 doutorouse en medicina cunha tese doutoral titulada Estudos da fisura labial-mandibular-palatina en certas tribus.
En 1932, a idade de 21 anos, Mengele afiliouse ó Casco de Aceiro, Liga dos soldados da vanguardia (Stahlhelm, Bund der Frontsoldaten), asociación nazi que se incorporou a Sturmabteilung (SA) en 1933 e que Mengele abandonou pouco despois alegando problemas de saúde. Afiliouse ó partido nazi en 1937 e no ano 1938 entrou na SS. Entre 1938 e 1939 serviu durante seis meses nun rexemiento de infantería lixeira de tropas da montaña. En 1940 foi destinado a reserva do corpo de médicos, comezando un período de tres anos no que serviría nunha unidade SS. En 1942 resultou ferido na fronte rusa e foi declarado non apto para o combate. Grazas ao seu comportamento brillante frente ó inimigo na fronte oriental ascendeu ó rango de capitán. O seu seguinte destino foi o campo de concentración de Auschwitz en sustitución doutro doutor que caera enfermo. O 24 de maio de 1943 converteuse no oficial médico do chamado campo xitano, unha parte de Auschwitz-Birkenau. En agosto de 1944 este campo foi pechado é todos os seus prisioneiros gaseados. Consecuentemente, Mengele converteuse no oficial médico en xefe do principal campo de enfermería de Birkenau. Aínda así, non foi o oficial médico en xefe de Auschwitz; por encima na xerarquía encontrábase o médico da fortificación Eduard Wirths.
Foi durante a súa estancia de 21 meses en Auschwitz cando o doutor Mengele logrou a súa infamia, gañando o alcume de "anxo da morte". Cando os vagóns de tren repletos de prisioneiros chegaban a Auschwitz II (Birkenau), a maior parte das veces Mengele esperaba no andén xunto a outros médicos para seleccionar ós mais aptos para o traballo e a experimentación, así como quen sería enviados inmediatamente as cámaras de gas.
Os xemelgos resultaban particularmente interesantes para Mengele. A partir de 1943, os xemelgos eran seleccionados e situados en barracóns especiais. Practicamente todos os experimentos de Mengele foron dun valor científico dubidoso, pero financiados con miles de millóns de marcos, deixando fóra a súa falta absoluta de ética, incluíndo intentos de cambiar a color dos ollos mediante a inxección de substancias químicas nos ollos dos nenos, amputacións diversas e outras ciruxías brutais, e polo menos nunha ocasión, un intento de crear siameses artificialmente mediante a unión das veas duns irmáns xemeos (a operación foi un fracaso e o único resultado foi que as mans dos nenos infectaronse gravemente). As persoas obxecto dos experimentos de Mengele, no caso de sobrevivir ó experimento, foron case sempre asasinados para a súa posterior disección.
Josef Mengele abandonou Auschwitz e foi ó campo de concentración de Gross-Rosen.
En abril de 1945 fuxiu ata o oeste camuflado como un membro da infantería regular alemá. Resultou capturado como prisioneiro de guerra e retido cerca de Nuremberg. Foi liberado polos aliados, que descoñecían a súa identidade. Tras agocharse como granxeiro na Alta Baviera, Mengele partiu a Arxentina en 1949 onde moitos outros oficiais nazis fuxidos tamén atoparon refuxio. Mengele divorciouse da súa esposa Irene e no ano 1958 casou coa muller do seu irmán Karl, Martha. Ela e o seu fillo mudáronse a Arxentina para reunirse con Mengele, aínda que os dous voltaron a Europa anos despois.
A súa familia en Alemania respaldábao economicamente e prosperou nos 50, primeiro montando unha tenda de xoguetes e despois como socio dunha empresa farmacéutica.
. Aínda así, a partir de entón Mengele viviu de maneira modesta. En 1959 viaxou a Paraguai e desde 1960 vivíu en Brasil ata a súa morte en 1979, cando golpeouse mentres nadaba e afogou.
A pesar dos esforzos internacionais para seguirlle o rastro, xamais foi detido e viviu durante 35 anos baixo diversas identidades falsas. A captura de Adolf Eichmann, xulgado por Israel, alimentou os medos de Mengele e os seus continuos movementos . O Mossad perseguiuno durante algún tempo, pero os esforzos de Israel dirixíronse á normalización das relacións con Paraguai e a loita contra inimigos máis próximos. Os perseguidores dos nazis non o atoparon ata 1985 cando se descubriu e identificou o seu corpo nun labor conxunto das autoridades estadounidenses, alemás e de algúns países sudamericanos. En 1992, as análise de ADN confirmaron a súa identidade.
Mengele foi tamén un personaxe literario e cinematográfico, aparecendo en novelas, posteriormente levadas ó cine, como Os nenos do Brasil e Marathon Man. Foi tamén obxecto da canción Angel of death (anxo da morte) do grupo Slayer no seu álbum Reign in blood (1986).