Sturmabteilung
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Sturmabteilung ou SA (que pode traducirse do alemán como División de Asalto) funcionou como organización paramilitar do partido nazi alemán. Desempeñou un papel clave no ascenso ao poder de Adolf Hitler nos anos 30. Os membros da SA eran comunmente coñecidos como os camisas pardas pola cor do seu uniforme, e para distinguilos dos miembros da SS (Schutzstaffel), que eran coñecidos como os camisas negras.
O termo Sturmabteilung orixinalmente proviña das tropas especializadas de asalto usadas por Alemaña na campaña da Primeira Guerra Mundial en marzo de 1918. En lugar dun asalto en gran masa, a Sturmabteilung estaba organizada en pequenos equipos duns poucos soldados. Isto permitía aos alemáns presionar ás liñas británicas e francesas decenas de quilómetros.
O mesmo Adolf Hitler fundou a SA en Múnic no ano 1921. Ao principio funcionaba como un grupo de gardacostas para vixiar a orde nas reunións do partido. Orixinalmente o comandante das SA foi Hermann Göring, pero tras o Putsch de Múnic este fuxíu a Suecia e o comando pasou a Ernst Röhm, o maior inimigo de Göring dentro do partido. Baixo o liderazgo de Röhm, a SA medrou en importancia dentro da estrutura de poder nazi, chegando a sumar centos de miles de membros. A SA levou a cabo numerosos actos de violencia fundamentalmente en contra de grupos socialistas e comunistas durante os anos 20, normalmente en pelexas na rúa menores. As SS acabaron asumindo o rol orixinal da SA.
Despois da toma de poder de Hitler en 1933, a SA buscaba máis poder e víase a si mesma como un reemprazo para o exército alemán. Isto incomodou ao exército regular (Reichswehr), que xa estaba molesto co partido nazi. Tamén engadiu tensión o que outros líderes dentro do partido (incluidos Göring pola súa vella enemistade con Röhm, e Heinrich Himmler, líder da SS que competía cos camisas pardas) visen a Röhm, coa súa poderosa SA, como unha ameaza para as súas ambicións persoais.
Para aliarse coas forzas conservadoras dentro do exército alemán e fortalecer así a súa posición dentro do partido nazi, Hitler ordenou a execución do líder da SA, que ocorreu o 30 de xuño de 1934, no que é coñecido como a noite dos coitelos longos. Victor Lutze converteuse no novo líder da SA, e a organización foi pronto marxinada da estrutura do poder nazi.