Schutzstaffel
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Schutzstaffel (escoitar pronunciación) (do alemán, escadrón de protección), abreviado como SS, foi unha organización militar e de seguridade do Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores (Parido Nazi) en Alemaña.
[editar] Historia
As SS creáronse en 1925 como unha unidade de garda persoal para o líder nazi Adolf Hitler. Baixo o liderato de Heinrich Himmler entre 1929 e 1945, as SS medraron dunha pequena formación paramilitar ata converterse nunha das máis grandes e poderosas organizacións na Alemaña nazi. Os nazis fixeron das SS unha unidade de élite, a "garda pretoriana" do partido, cos seus membros escollidos baixo os seus principios de pureza racial e cunha lealtade incondicional cara o Partido Nazi.
A diferencia co brazo político das SS, o Allgemeine-SS, o seu aparato militar, a Waffen-SS evoluíu cara un segundo exército alemán xunto coa Wehrmacht, operando en colaboración co exército regular, o Heer. A Waffen-SS gañou a reputación ao ter bos soldados, pero tamén gañou notoriedade pola súa excesiva brutalidade contra civís e prisioneiros de guerra.