See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Jean-François Lyotard - Wikipedia

Jean-François Lyotard

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Jean François Lyotard
Jean François Lyotard

Jean-François Lyotard (10 de agosto de 1924 - 21 de abril de 1998) foi un filósofo posmoderno coñecido especialmente pola súa orixinal filosofía do desexo e por propoñer unha política favorable ás minorías e un horizonte que conduciría a refutar calquera forma de terror e totalitarismo, así como pola súa análise sobre o impacto do posmodernismo na condicion humana.

Índice

[editar] Biografía

Lyotard naceu en Versalles. Casou en maio de 1948. Estudou na escola primaria “Lycées Buffon” de Paris, e despois da súa graduación, en 1950, marchou a Constantine (no este de Alxeria ocupado por Francia) para traballar como profesor de filosofía. En 1954 fíxose membro de Socialismo ou barbarie, organización política formada en 1948 ante a insuficiencia da análise trotskista para explicar as novas formas de dominación na Unión Soviética. Os seus escritos deste período preocúpanse sobre todo pola política de extrema esquerda, enfocándose na situación arxeliana da que foi testemuña cos seus propios ollos mentres ensinaba filosofía en Constantine.

Comezou a dar clase na universidade de París VIII (Vicennes) dende a década dos setenta ata que chegou a profesor emérito no 1987. Tamén foi director fundador e membro do concilio do Colexio Internacional de Filosofía, en París. Antes da súa morte pasaba o seu tempo entre París e Atlanta, onde esinaba Francés e Filosofía na universidade de Emory.

En 1998, morre de improviso dun caso de leucemia que avanzara rapidamente mentres se preparaba para una conferencia sobre o postmodernismo e a Teoría dos medios de comunicación. Foi enterrado no cemiterio Le Père Lachaise, en París.

[editar] Filosofía posmoderna

Lyotard foi un filósofo posmoderno. O pensamento deste grupo de filósofos, baseabase xusto no contrario ca o modernismo. Así, podemos dicir que para comprender o postmodernismo é preciso ter polo menos unha pequena idea do que é o modernismo.

Nas sociedades premodernas, a función de proporcionar unha certa cohesion e unidade imaxinaria á sociedade, era obra de discursos de natureza mítica (lendas) e relixiosa (narracions relixiosas). A partires da modernidade, a función lexitimadora corresponderalle a unha determinada idea de razón unitaria e totalizadora. Porén, nas sociedades postmodernas producese un tipo de transformacións que fan que esta idea de razón xa non poida ser mantida por máis tempo.

Os postmodernos pertencen á xeración da desilusión con respecto aos grandes mitos da modernidade. A aportación do pensamento postmoderno reside máis ben nas súas críticas que nas elaboracións propias. Móstrase unha certa perda de confianza na razón e no discurso conceptualizador, así como desilusión entorno ao esaxerado optimismo ilustrado, racionalista; propoñen unha nova humildade que adquire a forma de "pensamiento débil" ou "canso", "deconstrucción", "xogos lingüísticos" ou refutamento de calquera tipo de metanarrativa. Como alternativa á globalización propoñen a diferenza ou a discontinuidade.

Tamén este grupo promoveu un abandono da metafísica, centrándose na postmetafísica. Para eles, unha vez sexa constatada a inutilidade e absurdidade do esforzo filosófico, non queda outra opción que deixar esa vía morta. As "grandes descricións" da realidade non son verdaderamente explicativas nin iluminan a existencia, senon todo o contrario. Consideran que é preciso darse conta de que a temática filosófica non pode entenderse nin explicarse con éxito e que os seus laberintos conceptuais non teñen saída.

Cabe resaltar dous puntos principais da filosofía de Lyotard, relaccionados, ámbolos dous, coa ciencia. En primeiro lugar, para Lyotard, a ciencia non ten autoridade para dicirnos o que se debe facer, posto que os criterios científicos deixaron de ter a validez suficiente para lexitimar a propia ciencia, co que deixa de contribuír ao desenvolvemento humano. O segundo punto podería resumirse coa frase "coñecemento é poder". A investigación científica xamais é inocente e pura, senon que sempre está estreitamente ligada á vontade de dominio e aos medios materiais. O máis poderoso sempre ten a razón.

En canto á sua mentalidade política, é preciso dicir que foi marxista ata os 50 anos, momento no cal comezou a criticar o totalitarismo promovido por esta ideoloxía.

[editar] Obra

  • Fenomenoloxía (1954)
  • A economía libidinal (1974)
  • O entusiasmo (1986)
  • O inhumán (1988)
  • A diferenza (1983), no que refuta as explicacións universais.
  • A condición postmoderna (1979), onde examina os cambios que teñen lugar no campo do saber na era postindustrial; pode considerarse unha obra epistemolóxica ou de socioloxía da cultura.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -