Razón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outros usos de Razón, consulte Razón (homónimos)
A razón é a facultade ou capacidade humana que permite resolver problemas, fixar os criterios da verdade e o erro, discernir entre o ben e o mal e poñer en marcha os medios en vista dunha fin dada. O pensamento racional permite a abstracción, a asociación de ideas, a autoconciencia e os símbolos, características propias do ser humano fronte aos animais. A razón tamén está ligada á capacidade para decidir entre diversas alternativas de conduta.