Inkscape
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Inkscape | |
---|---|
Inkscape empregado para deseñar un mapa |
|
Desenvolvedor: | Equipo Inkscape |
Última versión: | 0.45.1 (20 de marzo de 2007) |
Sistema operativo: | Multiplataforma |
Xénero: | Edición de gráficos vectoriais |
Licenza: | GPL |
En galego: | |
Sitio web: | www.inkscape.org |
Inkscape é unha ferramenta de debuxo multiplataforma de código aberto para gráficos vectoriais SVG. Este programa xurdiu dunha bifurcación do proxecto Sodipodi.
As características de SVG soportadas inclúen formas básicas, camiños, texto, canle alfa, transformacións, gradientes, edición de nodos, exportación de SVG a PNG, agrupación de elementos, etc.
A principal motivación de Inkscape é proporcionar á comunidade unha ferramenta de código aberto de debuxo SVG que cumpra completamente cos estándares XML, SVG e CSS2.
Inkscape atópase desenvolto principalmente para Linux, pero é unha ferramenta multiplataforma que funciona en Microsoft Windows, Mac OS X, e outros sistemas operativos similares a Unix.
Inkscape ten un bo soporte multilingue particularmente para scripts complexos e atópase distribuído baixo a Licenza Pública Xeral GNU, polo que é software libre.
[editar] Vexase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- Páxina oficial de Inkscape (en inglés)