Ilyushin Il-62
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ilyushin Il-62 | |
---|---|
Il-62M de Air Koryo | |
Tipo | Pasaxeiros |
Fabricante | Ilyushin |
Primeiro vóo | xaneiro de 1963 |
Introducido | 1967 |
O Ilyushin Il-62 (alcumado Classic) foi o primeiro reactor de pasaxeiros de longo alcance producido na Unión Soviética. Fixo o seu primeiro vóo en xaneiro de 1963 e entrou en servizo con Aeroflot en marzo de 1967.
[editar] Deseño
As esixencias do seu deseño foron moi semellantes ás do VC10, de aí o feito de que ambos os avións se asemellen bastante, e inclúan un longo alcance e que puidesen operar dende pistas curtas ou mal preparadas entre outras.
O primeiro prototipo estivo listo en setembro de 1962 e foi inspeccionado polo mesmo Nikita Khrushchev, pero ata xaneiro do ano seguinte non faría o seu vóo inaugural. Durante catro anos o equipo de deseño, dirixido por Vladimir Kokkinaki, estivo traballando para mellorar determinados aspectos, e o avión entrou en servizo coa aeroliña Aeroflot en marzo de 1967.
Durante os seus primeiros meses de servizo o Il-62 estivo facendo unicamente rutas internas na Unión Soviética, realizando o seu primeiro servizo internacional en setembro de 1968 entre as cidades de Moscú e Montreal. A capacidade de pasaxe desta primeira versión do Il-62 variaba dos 122 pasaxeiros en dúas clases, aos 186 en clase única.
En 1971 apareceu o Il-62M, con motores máis potentes e económicos que, xunto coa instalación dun novo tanque de combustible na deriva, aumentaba o alcance operacional do avión. Esta variante entrou en servizo con Aeroflot en 1974.
En 1978 anunciouse o Il-62MK cunha serie de novas melloras, a meirande parte delas para axeitar o uso do avión dende pistas curtas ou mal acabadas.