See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Homeopatía - Wikipedia

Homeopatía

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Samuel Hahnemann, teorizador da homeopatía
Samuel Hahnemann, teorizador da homeopatía

A homeopatía ou homœopatía (do grego όμοιος: hómoios, similar, semellante, e πάθος: páthos, doenza) é un polémico método terapéutico baseado no "principio de similitude". A teoría da homeopatía foi desenvolvida polo médico saxón Samuel Hahnemann (1755-1843), e publicouse en 1796.

[editar] Polémica

Para máis información sobre as críticas da homeopatía, ver: pseudociencia.

A pesares de ter unha ampla e crecente popularidade nas áreas nas que se practica, os seus fundamentos empíricos e teóricos non son aceptados por ningunha organización científica ou médica importante. A maior parte dos científicos, epistemólogos e filósofos da ciencia, como Mario Bunge, consideran que a homeopatía, de forma similar á psicoanálise ou á astroloxía, é unha pseudociencia.

[editar] Principio de similitude

Consonte este principio, que data da Antigüidade, a determinación dun síntoma provocado nun suxeito sano por unha substancia calquera (de orixe vexetal, mineral ou animal) permitiría coidar un suxeito enfermo que presente un síntoma semellante.

O adxectivo correspondente é "homeopático" e a persoa que aplica este método é un "homeópata". Por deslizamento semántico, "homeopático" designa a miudo, na linguaxe corrente, unha dose mínima dun produto, en tanto a especificidade orixinal da homeopatía reside na similitude.

A homeopatía oponse a alopatía, que designa todo tratamento medicamentoso que se apoia sobre a noción de "molécula activa" e non se apoia na similitude nunha escolla terapéutica, senón sobre o "principio dos contrarios". Así, a fitoterapia é un método de coidado alopático.

As bases da homeopatía foron expostas en 1796 polo médico alemán Samuel Hahnemann e organízanse, segundo el, nun principio e dous corolarios :

  • o principio de "similitude": a cura dun conxunto de síntomas é realizada por unha substancia que provoca signos semellantes nun suxeito san, conforme o principio similia similibus curantur (as semellanzas son curadas polas máis semellantes);
  • a "adaptación" do tratamento ao paciente: a aplicación do principio de similitude, logo da súa verificación, ten lugar cada vez que a busca do remedio máis semellante foi efectuada de maneira concienzuda polo práctico. Cada tratamento está personalizado para cada paciente, calquera que sexa o nome da enfermidade, sendo o centro do método a busca da "totalidade" dos

síntomas presentados polo paciente. Iso explica a longa duración do diálogo entre o médico e o paciente. A etapa de observación dos síntomas provocados por unha substancia nun individuo san, que precede sempre a aplicción do principio de semellanza, e a súa transcrición, corresponde a estabelecemento dunha patoxenesia.

  • a "dinamización": este segundo corolario é experimental. O principio activo sofre dinamizacións, termo que designa as dilucións repetidas asociadas a "sacudimentos": o preparado é sacudido en cada dilución.

A eficacia terapéutica da homeopatía é obxecto de controversia.

fr:homeopathie


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -