See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Historia do cine en Galicia - Wikipedia

Historia do cine en Galicia

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Cine en progreso: Este artigo relacionado co cinema é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.


O cine chegou a Galicia o 2 de setembro de 1896, non foi o cinematógrafo o primeiro aparello en aparecer en Galicia foi un kinetógrafo, invento de Thomas Edison, que se instalou no Teatro-Circo Coruñés da cidade herculina e que seguramente exhibiu cintas do británico Robert William Paul como o O Derby.

O invento dos irmáns Lumière, o cinematógrafo, chegou a Galicia o ano seguinte, un aparello procedente de Portugal instalouse na cidade de Pontevedra e realizou a súa primeira representación o 17 de abril entre os títulos exhibidos figuraron O regador regado, Chegada dun tren, Batalla de neve e Bombeiros en Londres. A proxección estaba animada por unha orquestra local, un guitarrista e un bandurrista e nalgunha proxección tamén se chegou a recitar algún monólogo. Permaneceú na cidade ata o 25 e o cinematógrafo realiza unha xira por outras cidades galegas: Vigo o 29 de abril, Tui o 13 de maio, A Coruña o 23 de maio, Ferrol 16 de xuño e Lugo 7 de xullo.

José Sellier, fotógrafo coruñés de orixe francesa, vai ser o primeiro operador en filmar en Galicia, o Entierro del General Sánchez Bregua rodada o 20 de xuño de 1897 está considerada a primeira cinta galega, ademais rodou outras cintas de temática coruñesa.

Durante os seguintes anos o cine exhibiuse en Galicia, como no resto de Europa, no marco de feiras e festas locais levados por operadores ambulantes e tan só existían na Coruña e Vigo locais máis ou menos estables de exhibición, pero o habitual era que se exhibirán en pavillóns ou barracóns provisorios de madeira cubertos de lonas. Desta época (1905) son as filmacións de José Pradera, tamén na súa maioría de temática local coruñesa e seguindo o modelo iniciado por José Sellier.

Entre 1906 e 1908 van desaparecendo as barracas ambulantes das cidades e vilas galegas mentres se constrúen pabillóns concibidos para a exhibicións de proxeccións cinematográficas dentro dun programa xeral de variedades e dentro dos teatros. Comézanse a exhibir os primeiros filmes longos que precisaban dun comentarista. A maioría dos filmes procedían de Francia e desde o estreo de Quo Vadis?, que foi un éxito en toda Europa, puxéronse de moda as películas colosais italianas, co comezo da guerra europea os filmes americanos gañan posicións debido aos problemas que trouxo a guerra ás cinematografías europeas. Ata a fin da Primeira Guerra Mundial uns poucos pioneiros galegos filman películas documentais, entre eles José Gil y Gil, o autor do primeiro filme de ficción galego que se conserva, Miss Ledyia datado en 1916 con guión de Rafael López de Haro e no cal participou Castelao como extra. A importancia da exhibición de filmes vese salientada polo aumento de salas nas cidades e no aumento da espazo dedicado na prensa ao cinema equiparándose cos estreos teatrais pero tamén no aumento das críticas en nome dos bos costumes. Ademais benefiase da crise do teatro a partir de 1920, o que propiciou que moitas salas teatrais programasen máis cinema ca teatro.

O cine sonoro chegou a Galicia o 14 de marzo de 1930, ese día estreouse en Vigo The singing fool, as salas tiveron que adaptar os seus equipos o que explica o retraso con respecto á primeira sesión sonora en España (setembro de 1929) e aínda houbo que agardar ata 1931 para que chegara ás vilas galegas e en 1935 tan só a metade das salas galegas estaban adaptadas para programar cine sonoro. Coa chegada do sonoro chegou tamén o cine norteamericano de forma masiva, máis da metade do cine exhibido en Galicia durante a II República era estadounidense.

[editar] Ver tamén


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -