See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Cine galego - Wikipedia

Cine galego

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Índice

[editar] Que é o Cine Galego

Desde principios dos 80 vense discutindo se o Cine Galego existe. Probablemente sexa máis apropiado falar de cine feito en Galicia ou cine feito por galegos. A primeira dúbida que nos asalta é definir o que é Cine Galego: a públicidade institucional utiliza como criterios que unha porción do capital ou do equipo técnico sexa galego, que o idioma de rodaxe sexa o galego, ... , pero segundo este criterio aparecen como galegas películas que só son galegas a efectos estatísticos e nada máis.

Para que un filme poda ser chamado como galego non basta que o seu idioma de rodaxe sexa o galego (incluso habería casos nos que poderíamos considerar galego un filme rodado noutro idioma) semella un criterio escaso, senon que debería presentar certas características que expresasen as particularidades dun xeito propio de ver o mundo que a súa vez resultase universal e iso nestes momentos é case imposible que poida ocorrer (entre outras razóns pola falta do número de espectadores necesarios para financiar coas súas entradas este tipo de cine).

[editar] Un pouco de historia

Unha pequena historia do Audiovisual Galego mais ca do Cine Galego:

En Galicia coma noutras partes do mundo chega o cinematógrafo e hai algúns pioneiros que realizan filmacións. Algúns nomes e películas: Xosé Gil (Miss Ledyia, 1916), José Signo (La tragedia de Xirobio, 1930). Neses anos ródanse tamén películas españolas ambientadas en Galicia como La casa de la Troya e aparecen tamén obras de directores estranxeiros como Carmiña, flor de Galicia realizada polo italiano Rino Lupo aínda que os interiores se realizaron en Porto.
  • Dende a Guerra Civil a 1975
Temos documentais da emigración e do exilio (rescatados algúns deles a finais so século XX). A figura máis destacada é Carlos Velo (1909-1988). Antes de exiliarse coa Guerra Civil fixo curtametraxes documentais para logo pasar a México onde o consideran un director de cine mexicano. Nos 80 foi centro de multitude de homenaxes e considerado un pioneiro. Algúns dos seus títulos: Torero, 1956 e Pedro Páramo, 1967 .
  • Desde 1975 ata hoxe
É a época na que surxe o vídeo en Galicia. Comezan a realizarse as primeiras experiencias. Un momento importante ocorre en 1983 cando Luis Álvarez Pousa é Director Xeral de Cultura e ao ano seguinte nace o Arquivo da Imaxe (1984-1986) un lugar que xenera múltiples inicativas e obras en vídeo. Previamente a esa etapa en vídeo as obras fanse en 35 mm e Super-8.
En 1984 tamén nacen as I Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia do Carballiño dirixidas por Miguel Anxo Fernández (Carballiño, 1955) un lugar de encontro que intermitentemente durante anos serviu para presentar as reflexións do sector audiovisual galego. M.A. Fernández foi un dos máis incansables divulgadores das creacións galegas, daquela conducía un programa de cine na TVG e logo fixose empresario de salas cinematográficas. Esa labor divulgativa continua con Eduardo Galán (Ferrol, 1957) director do espazo Dezine da TVG, crítico e programador de cine da Televisión galega.
Nos oitenta hai grande efervescencia creadora no campo do vídeo, gran parte dela ligada á cidade da Coruña, algúns nomes a lembrar son Guillermo Represa (Betanzos, 1958) con Valle de lágrimas -1986- agora montador cinematográfico, Ignacio Pardo (Lugo,1947) moitas pequenas obras de vídeo experimental agora profesor da EIS, Xavier Villaverde (A Coruña, 1958) con Veneno Puro -1984- que acadou gran sona. Daquela época tamén é Manolo Abad (A Coruña, 1953) na actualidade realizador de Luar (programa de variedades da Televisión de Galicia) pero daquela situado na ámeto da creación en vídeo. Contemporáneo a eles é Antón Reixa (Vigo, 1957) escritor, poeta, director (O lapis do carpinteiro, 2003).
O ano 1989 é un ano clave no audiovisual galego estreanse tres longametraxes:
Sempre Xonxa do malogrado Chano Piñeiro (outras obras do autor: Mamasunción -1984-, Esperanza -1986-), Urxa de Carlos López Piñeiro e Alfredo G. Pinal e Continental de Xavier Villaverde. Villaverde (Fisterra -1999-, Trece Badaladas -2002-) como Director e Pancho Casal (A Coruña, 1985) como produtor forman un tándem que dura ata hoxe.
Entre os filmes feitos en Galicia é salientable pola cantidade de persoas que a viron O bosque animado de 2001 (Dygra Films), segundo datos do ICAA foi vista por 509.132 espectadores (a 05/10/2004).
Neste período tamén naceron o Centro Galego das Artes da Imaxe (inaugurouse o 15 de marzo do ano 1991) dirixido inicialmente por Pepe Coira (Rábade, 1963) irmán do realizador Jorge Coira (hoxe de actualidade). En 1991 nace tamán a Escola de Imaxe e Son da Coruña dirixida por Manuel González (A Rúa, 1955) un dos maiores defensores do cine e vídeo galego, coa marcha de González da dirección da escola o que fora unha inciativa de primeiro nivel decaeu.
Na EIS coincide con M. González cun dos guionistas galegos máis importantes Daniel Domínguez (Tui, 1955) autor de Río de Sombras en 1986 e reciclado agora en guionista de series da TVG.
O 25 de xullo de 1985 comezan as emisións da canle galega, a Televisión de Galicia (TVG) que abren unha vía de expansión empresarial e laboral para o sector audiovisual en Galicia. Auxe e expansión dunha industria de dobraxe con gran cantidade de actores moitos deles agora actores das series de ficción galegas. É o caso de Tacho González (Vilagarcía, 1961) presentador e actor, un dos primeiros que saiu reseñado na IMDB (Internet Movie Database) pola súa participación na serie internacional Queen of Swords -2000- . Luis Tosar (Lugo,1971) o actor galego de máis renome na actualidade tamén pasou pola ficción en TV no seu caso Mareas Vivas.
Tosar representa un tipo de actor que triunfa fora de Galicia e volve a súa terra revalorizado, un caso semellante ao de Manuel Manquiña (Vigo, 1953) actor galego redivivo grazas a Airbag de Juanma Bajo Ulloa, é un dos nosos mellores representantes.
A importancia da ficción en televisión pode apreciarse polo desenvolvemento económico que adquiren algunhas das empresas de produción a través de series. Desgraciadamente puxanza económica no significa que a produción reflicta unha liña de creación hacia un cine (ou neste caso audiovisual) propio de Galicia, frecuentemente -como ocorre na maioría das televisións comerciais do mundo- prodúcense produtos estereotipados, que fuxen de calquer tipo de aspecto incorrecto, e seguen un modelo intercambiable a calquera sitio do mundo.

[editar] A estrutura empresarial

A produción galega -salvo casos illados- depende case exclusivamente das subvencións da Xunta de Galicia e do soporte económico da TVG. Existen dúas asociacións empresariais que funcionan como lobbies: AGAPI e AEGA que se reparten maioritariamente o financiamento. Segundo datos oficiais (ano 2001) o sector audiovisual emprega a 1705 persoas entre Produción, Distribución, Emisión e Exhibición; facturando o sector da produción en torno a 51 millóns de euros (nota: habería que tomar estes datos con certa cautela dadas as dificultades para verificar a súa exactitude).

Tamén podemos considerar as emisoras de Televisión Local, as empresas da dobraxe, as empresas de produción non asociadas, os esforzos dos independentes,etc.,.... O cinema dixital e os debuxos animados sos os que traerían o recoñecemento do exterior para o cinema galego. A producción El bosque animado, de Dygra Films, recibiu no 2001 dous Goyas á mellor película de animación e á mellor canción orixinal, e sete premios Chano Piñeiro do audiovisual galego.

[editar] Véxase tamén

Sector Audiovisual Galego onde se fai unha análise desde o punto de vista industrial e institucional.


[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -