Helena Resano
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Helena Resano (9 de febreiro de 1974, Pamplona, Navarra), é unha xornalista e presentadora española. É licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Navarra.
[editar] Traxectoria profesional
Iniciou a súa carreira como becaria na emisora local de Cadena Ser. Tras traballar en Pamplona Televisión, Radio Nacional de España e Telecinco, en 1999 incorporouse a Televisión Española no Canal 24 Horas.
Sustituiu a Letizia Ortiz no Telediario Segunda Edición, presentándoo xunto a Alfredo Urdaci. Entre 2003 y 2006 presentou o Telediario de fin de semana xunto a David Cantero.
En marzo de 2006 ficha por laSexta, onde conduciu o espazo La actualidad en 2D e o programa de entrevistas e actualidade Sexto Sentido xunto a Mamen Mendizábal e Cristina Villanueva
Na actualidade presenta La Sexta Noticias das 14:00.