Guerras iugoslavas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Guerra dos Balcáns | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
|
|||||||
Combatentes | |||||||
EsloveniaOTAN |
Iugoslavia República Serbia |
As Guerras iugoslavas foron unha serie de conflitos no territorio da antiga Iugoslavia, que se sucederon entre 1991 e 2001. Comprenderon dous grupos de guerras sucesivas que afectaron ás seis ex repúblicas iugoslavas. Termos alternativos en uso inclúen a Guerra dos Balcáns, a Guerra na ex Iugoslavia, Guerras Iugoslavas de Secesión ou raramente a Terceira Guerra Balcánica (un termo acuñado polo xornalista británico Misha Glenny, aludindo ás Guerras dos Balcáns entre 1912 e 1913).
As guerras caracterizáronse polos conflitos étnicos entre os pobos da ex Iugoslavia, principalmente entre os serbios por unha banda e os croatas, bosnianos e albaneses polo outro; aínda que tamén nun principio entre bosníacos e croatas en Bosnia - Hercegovina. O conflito obedeceu a causas políticas, económicas e culturais, así como á tensión relixiosa e étnica.
As Guerras Iugoslavas terminaron con gran parte da ex Iugoslavia reducida á pobreza, con desorganización económica masiva e inestabilidade persistente nos territorios onde ocorrían as peores loitas. As guerras foron os conflitos máis sanguentos en chan europeo desde o fin da Segunda Guerra Mundial, resultando nunhas 300.000 mortes e millóns máis sacados dos seus fogares. Foron tamén os primeiros conflitos desde a Segunda Guerra en ser formalmente xulgados os xenocidas e moitos dos individuos craves participantes foron consecuentemente acusados por crimes de guerra.
As guerras iugoslavas poden dividirse en dous grupos de conflitos diferentes:
- Guerras durante o desmembramento da República Federal Socialista de Iugoslavia
- Guerra dos Dez Días (ou Guerra de Independencia eslovena) (1991)
- Guerra Croata de Independencia (1991-1995)
- Guerra de Bosnia (1992-1995)
- Guerras en áreas poboadas por albaneses
- Guerra de Kosovo (1999)
- Conflito do Sur de Serbia (2001)
- Guerra de Macedonia (2001)
Índice |
[editar] Transfondo
As tensións proviñeron da composición multiétnica do primeiro Reino de Iugoslavia e a relativa supremacía política e demográfica dos serbios. Estas tensións foron aproveitadas polo Eixo Roma-Berlín-Tokio na Segunda Guerra Mundial, que estableceron un estado monicreque que abarcaba a maior parte das actuais Croacia e Bosnia-Herzegovina. Púxose a cargo deste Estado Independente de Croacia a unha organización fascista, a Ustashe, que levou a cabo unha política genocida contra os civís serbios do territorio. A milicia serbia Chetnik contraatacou contra os croatas. Ambos se enfrontaron e foron finalmente derrotados polo movemento de tendencia comunista e antifascista partisanos, composto por membros de todos os grupos da zona, o que desembocou na formación de República Federal Socialista de Iugoslavia.
No caso das zonas poboadas por albanos, a causa principal foi o crecemento da poboación albana en áreas nas que anteriormente eran minoría. No caso de Kosovo, algúns serbios interpretaron este crecemento da influencia albanesa como a perda dos seus territorios ancestrais.
[editar] Os primeiros conflitos (1991-1995)
As Guerras Iugoslavas iniciáronse coa secesión das dúas rexións do norte da antiga Iugoslavia — Eslovenia e Croacia — por mor dun amplo abano de motivos.
O primeiro destes conflitos, coñecido como a Guerra dos Dez Días ou a Guerra de Eslovenia, levou a cabo oficialmente para previr o desmembramiento de Iugoslavia e acabou coa retirada do Exército Popular Iugoslavo en 1991.
O segundo conflito, a Guerra Croata de Independencia, tamén levou a cabo coa mesma motivación, pero deveu abertamente nacionalista, como un choque entre os nacionalismos serbio e croata personficados en Serbia polo Presidente Slobodan Milošević e o Presidente Franjo Tuđman en Croacia. En xaneiro de 1992 o Plan de paz Vance determinou que a ONU tomaría o control dalgunhas zonas e acabou co conflitos militares, aínda que ata 1995 non se deterían definitivamente os ataques esporádicos de artillería sobre cidades croatas e as incursións ocasionais de forzas croatas en zonas baixo o control da ONU.
En 1992 o conflito chegou a Bosnia - Hercegovina, onde loitarían tres faccións: os serbios, os croatas e os bosníacos, que diferían principalmente na súa relixión tradicional: ortodoxos, católicos e musulmáns, respectivamente. Foi con moito o conflito máis sanguento das Guerras de Iugoslavia.
As Guerras Iugoslavas no oeste remataron co retiro militar na Eslovenia, a derrota dos rebeldes serbios na Croacia e a sinatura dos Acordos de Dayton en 1995 por Bosnia seguido da intervención militar contra o lado serbio pola OTAN.
Os combates en Croacia remataron en 1995, tras dúas operacións rápidas do Exército Croata, de nome en clave Operación Flash e Operación Tormenta, nas que conseguiron recuperar todo o seu territorio excepto a zona baixo control da ONU (UNPA) do Sector Leste. Todos os serbios destas zonas pasaron a ser refuxiados. O Sector Leste controlouse pola administración da ONU (UNTAES) e foi reintegrado pacificamente en Croacia en 1998.
En 1994 Estados Unidos xestionou a paz entre Croacia e o Exército da República de Bosnia - Hercegovina. A intervención da OTAN contra os bosnianos trala Masacre de Srebrenica e a ofensiva das tropas croatas en zonas baixo control serbio tras a Operación Tormenta provocou que os bosnianos perdesen zonas baixo o seu control, e presionouse a tódolos bandos para deixar as armas e negociar un final á Guerra de Bosnia. A guerra rematou trala sinatura do Acordo de Dayton o 14 de decembro de 1995.
[editar] Conflitos no leste e no sur
- Conflito en Macedonia (2001).
- Conflito no sur de Serbia (2001).
En Kosovo, Macedonia, e na propia Serbia, os conflitos caracterizáronse pola tensión política e racial entre os gobernos eslavos e as minorías albanesas que buscaban autonomía, ou independencia, como foi no caso de Kosovo.
O conflito en Kosovo estourou nunha guerra a grande escala en 1999, mentres que os conflitos entre macedonios e serbios meridionais caracterizáronse por choques armados entre as forzas estatais de seguridade e as guerriñas de etnia albanesa. A guerra en Kosovo rematou coa intervención da OTAN contra as forzas serbias, aínda que posteriores desordes xeneralizadas en Kosovo estouraron no 2004. Os conflitos no sur da Serbia e na república de Macedonia remataron con tratados de paz internacionalmente fiscalizados entre os insurxentes e o goberno, máis a situación námbalas dúas rexións segue a ser fráxil.