See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Kosovo - Wikipedia

Kosovo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Kosova
Кosovo
Kosovo
Linguas oficiais Albanés e serbio
Capital Pristina
Superficie
 – Total
 – % de auga

 10.887 km²
 --

 2,0 a 2,2 millóns (est.)
 185 hab/km² (aprox.)
Grupos étnicos
(2003)
Albaneses: 88%
Serbios:7%
Outros: 5%
Presidente Fatmir Sejdiu
Primeiro Ministro Agim Çeku
Zona horaria UTC +1
Moeda Euro (EUR)

Kosovo, (en albanés Kosovë ou Kosova; en serbio Косово, transcrito Kosovo), é un estado que se autoproclamou independente o 17 de febreiro de 2008, parcialmente recoñecido pola comunidade internacional, e que para Serbia é a provincia autónoma de Kosovo e Metohija.

A maioría da población é albanesa (nun 88% segundo datos do 2003). A primeira declaración da independencia da República de Kosovo tivo lugar en 1990, pero non foi recoñecida, agás por Albania. Trala independencia de Montenegro, Kosovo turrou para conquerir a súa de Serbia, e anunciouna de xeito unilateral o 17 de febreiro de 2008[1].

Antiga bandeira dos iugoslavos de lingua albanesa
Antiga bandeira dos iugoslavos de lingua albanesa

Índice

[editar] Etimoloxía

A orixe da palabra Kosovo parece remontarse á palabra de orixe eslavo "kos", que significa merlo. Esta teoría parece confirmarse polo feito de que un nos nomes para designar Kosovo Polje (lugar da famosa batalla de Kosovo) en alemán é Amselfeld, que significa literalmente campo dos merlos.

En castelán a rexión foi denominada como Kossovo ata principios do século XX, derivada do italiano Cassovo ou Cassua. Outra denominación castelá da rexión é Casobia, aínda que caeu en desuso por xerar confusión coa rexión polaca de Casubia, que ten unha variación igual.

Dentro do país, a pronunciación e a escritura do nome varían considerablemente entre os principais grupos étnicos. Mentras os serbios prefiren a denominación Kosovo, os albaneses utilizan Kosova (ou Kosovë, dependendo do dialecto albanés), pronunciado tamén como Ghosova. As organizacións internacionais tentaron utilizar a fórmula Kosovo/Kosova como un camiño intermedio entre ámbalas dúas posicións, que a miúdo son consideradas ofensivas polo outro grupo étnico. Porén, mentras o uso serbio asentou con maior forza na comunidade internacional, o albanés é utilizado polas forzas de ocupación asentadas no país.

Kosovo tamén inclúe o termo coñecido como Metohija, o cal deriva da palabra grega μετόχια (metojia) que significa "terra propiedade da igrexa". Historicamente, os mosterios da Igrexa ortodoxa serbia situáronse principalmente en Kosovo. O nome en xeral é empregado polos serbokosovares mentras que os albanokosovares denomínamo Rrafsh e Dukagjinit ("meseta do duque Gjin", en honor dun noble albanés). Durante o goberno servio a zona denominábase oficialmente "Kosovo e Metohija", aínda que as veces empregábase a contracción Kosmet.

[editar] Xeografía

Cunha extensión de 10.887 km² e unha poboación de máis de 2 millóns de habitantes antes da crise de 1999, Kosovo limita ó noroeste con Montenegro, ó norte con Serbia, ó sur coa República de Macedonia e ó sudoeste con Albania.

As cidades principais son Pristina, a capital, cunha poboación estimada en 2005 de 254.021 habitantes, e Prizren, ó sudoeste, con 159.145. Cinco cidades máis pasan dos 50.000 habitantes: Ferizaj (ou Uroševac), Gjakova (ou Đakovica), Peja (ou Peć), Gnjilane e Mitrovica.

O complexo mapa étnico da provincia inclúe latinos, turcos, arromaneses, romanís, goranis (eslavos de relixión musulmá), circaciáns e xudeus, ademáis de serbios e albaneses. A gran maioría da poboación é albanesa, e o segundo grupo en importancia son os serbios, distribuídos de forma irregular no territorio, pero principalmente na fronteira setentrional.

[editar] Historia

Ver artigo principal: Declaración de independencia de Kosovo.

Antigos nomes oficiais:

  • Área autónoma de Kosovo-Metohija (1945 - 1963)
  • Provincia Autónoma de Kosovo e Metohija (1963 - 1968)
  • Provincia Socialista Autónoma de Kosovo (1968 - 1989)
  • Provincia Autónoma de Kosovo e Metohija (1989 - 1990)

A Kosovo moderna existiu só como entidade política ou territorial dende 1945. Antes o territorio foi gobernado de forma completa ou parcial por Italia, Albania, Serbia, Montenegro, o Imperio Otomano, o Imperio Bizantino, Bulgaria e o Imperio Romano. Aínda que se ten suxerido que Kosovo foi unha rexión distintiva dende a antigüidade, os descubrimentos arqueolóxicos e os rexistros históricos contradín esta información.

A independencia foi proclamada polo parlamento cosovar o 17 de febreiro de 2008. A seguir, o día 18 de febreiro foi recoñecida esa independencia polas grandes potencias occidentais Estados Unidos, Francia, Reino Unido, Italia ou Alemaña, e pola maioría dos países da Unión Europea, agás Grecia, Eslovaquia, Chipre, Romanía, Bulgaria e España. Rusia e China tampouco recoñeceron o goberno cosovar.

[editar] Notas

  1. Kosovo é xa "un estado democrático, libre e independente", GzNación, 17.02.08

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -