See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Guernsey - Wikipedia

Guernsey

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Mapa do Bailiazgo de Guernesey
Mapa do Bailiazgo de Guernesey
Bandeira de Guernsey
Bandeira de Guernsey
Escudo de Guernesey
Escudo de Guernesey

Guernsey ou Guernesei é unha illa no canle da Mancha parte do arquipélago das Illas da Canle. É unha posesión da coroa británica. Ten unha poboación de 58.870 persoas e a capital é Saint Peter Port. No ano 933, a illa foi tomada polo Ducado de Normandía no norte de Francia. Cando en 1066 os normandos invadiron Inglaterra, Normandía e Inglaterra foron unidas baixo unha monarquía. Durante a idade media, Inglaterra perdeu moita da súa terra no continente europeo pero conservou as súas illas na Canle da Mancha, incluíndo Guernesey.

Ademais da illa de Guernsey, o Bailiado de Guernsey (en francés Bailliage de Guernesey, en inglés Bailiwick of Guernsey) inclúe as illas veciñas de Alderney (poboación 2.400) e de Sark (poboación 610), e algunhas outras illas moi pequenas. A lexislatura elixida do territorio chámase Os Estados de Deliberación. O xefe de goberno é un administrador elixido chamado o Bailiff, e o xefe de estado é o Tenente Gobernador, que é designado por a Raíña.

Como a da veciña illa de Xersei, a economía de Guernsey baséase nos servizos financeiros como paraiso fiscal, o turismo e a agricultura. Un servizo de ferry conecta as illas con Gran Bretaña e Francia.

[editar] Historia de Guernsey

Foi cara ao ano 6000 AC cando o ascenso mundial do nivel do mar transformou os ata entón promontorios do continente europeo nas actuais Illas da Canle. Neste tempo, agricultores Neolíticos poboaron as costas e construíron os dolmenes e menhires. A illa de Guernsey contén tres menhires esculpidos de gran interese arqueolóxico; o dolmen coñecido como L'Autel du Dehus tamén contén unha deidad de dolmen.

Durante a súa migración a Bretaña empuxados polo asentamento en Gran Bretaña dos saxons, os Británicos ocuparon as Illas Lenur (o antigo nome das Illas Anglonormandas) incluíndo Lisia (Guernesey) e Angia (Xersei). Anteriormente pensábase que o nome orixinal da Illa era Sarnia, pero a investigación recente mostra que era o nome latino para a illa de Sark. Vindo do reino de Gwent, Santo Sansón (o abade de Dólar, en Bretaña) é acreditado coa introdución de cristianismo a Guernesey.

En 933 as illas pasaron a depender directamente do Ducado de Normandía ao anexionarse este a o Ducado de Bretaña. A illa de Guernesey e outras Illas Anglonormandas representan os últimos remanentes do Ducado medieval de Normandía. Nas illas, o soberano de Inglaterra ostenta o título de Duque de Normandía.

Guernesey foi ocupado por tropas alemás na segunda Guerra Mundial. Antes da ocupación, moitos nenos do Guernesey foron evacuados a Inglaterra para vivir con parentes ou forasteiros durante a guerra. Algúns nenos nunca foron reunidos coas súas familias. Durante a ocupación, moitas persoas de Guernesey foron deportadas polos Alemáns a campos no suroeste de Alemaña, notablemente a Biberach un der Riss e internadas no Campo Lindele.

[editar] Galería

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de: Guernsey


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -