Grupo PRISA
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Grupo PRISA (Promotora de Informaciones, Sociedad Anónima) é unha empresa multinacional do sector dos medios de comunicación e as editoriais, con sede en España.
Índice |
[editar] Historia
Foi fundada en 1972 por Jesús de Polanco e José Ortega Spottorno para xestionar unha serie de empresas e que se nucleaban en torno á editorial Santillana. Coa integración do xornal El País, o grupo cobra unha nova dimensión, e en 1984 Jesús de Polanco pasa a ter o control da sociedade. Polanco foi o seu presidente ata o 21 de xullo de 2007, data do seu falecemento, cando foi substituído polo seu fillo Ignacio Polanco. Está dirixido por Juan Luis Cebrián.
O Grupo está presente en 22 países de Europa e América. No exercicio 2006, PRISA facturou 2.812 millóns de euros e obtivo un beneficio neto de 228,9 millóns de euros. Conta cun persoal de case 14.000 empregados. O capital social é de 21.881.250 euros.
[editar] Presenza en medios de comunicación
[editar] Prensa
Pertencen nalgunha porcentaxe significativa a PRISA os xornais:
- El Progreso (información xeral, distribuído fundamentalmente na provincia de Lugo)
- Diario de Pontevedra (información xeral, distribuído fundamentalmente na cidade de Pontevedra e comarcas próximas)
- El País (información xeral)
- Diario As (información deportiva)
- Cinco Días (información económica)
- Odiel Información
- Diario Jaén
- Canarias 7
- Diario de Avisos
- Diario de Noticias de Álava
- Diario del Altoaragón
- Diario de Noticias de Guipúzcoa
- Diario de Noticias de Navarra
- El Adelantado de Segovia
- El Punt
- La Gaceta Regional
- La Voz de Almería
- El Segre
- El Correo de Andalucía.
- 15% da editora de Le Monde
- 11% de Presse Europe Regions, holdin que controla o 60% de Midi Libre, editor, entre outras, de Midi Libre e L'Independant
- El Nuevo Día
- Extra
- La Razón (Bolivia).
[editar] Outras publicacións de prensa
PRISA controla a entidade Progresa, dedicada á produción de revistas como Cinemanía e a edición española de Rolling Stone, Gentleman, Claves, Revista 40. Ademais, é responsable da edición mexicana de Rolling Stone.
[editar] Radio
Pertencen nalgunha porcentaxe significativa a PRISA as radios:
- 80% de Unión Radio, que posúe as emisoras SER (xeral) e as musicais 40 Principales, M80 Radio, Cadena Dial, Máxima FM, Radio Olé
- Caracol Radio
- Consorcio Radial de Chile
- Ibero American Radio Chile
- 50% de Televisa Radio
[editar] Televisión
Pertencen nalgunha porcentaxe significativa a PRISA as televisións:
- A entidade Sogecable que inclúe a televisión en aberto Cuatro, e a plataforma de televisión dixital vía satélite Digital+, con canles temáticas propios como Canal+ (xeneralista), CNN+ (noticias), Sportmanía (deportes), Cinemanía (cine), Documanía (documentais).
- A firma Pretesa, que alberga a rede de televisións locais Localia, con distintos centros emisores e produtores en Galicia.
- Media Capital - TVI
- ATB Bolivia
- Plural Entertainment
- NBP, produción de contidos en Portugal
[editar] Editoriais
Pertence a PRISA o Grupo Santillana, que controla diversas editoriais como:
- Santillana
- Alfaguara
- Taurus
- Aguilar
- Altea
- Punto de Lectura
[editar] Presenza noutras empresas
Pertencen nalgunha porcentaxe significativa a PRISA as empresas de márquetin e publicidade GDM e Solomedios, así como a imprenta Dédalo Grupo Gráfico.