Gordiano I
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Marcus Antonius Gordianus Africanus, proviña dunha coñecida familia romana. Fillo de Metius Marulus e Ulpia Gordiana, xa sendo moi novo tivo cargos de responsabilidade onde destacou pola sua virtude e moderación.
Sendo emperador Caracalla, no ano 213 noméano por vez primeira cónsul e no 229, baixo Alexandre Severo, é nomeado por segunda vez. Este emperador enviou a Gordiano a África en calidade de procónsul onde conseguiu ser moi popular e onde gañou o afecto e o respecto dos cidadáns. Casou con Fabia Orestilla coa quen tivo un fillo (nado no 192) tamén chamado Gordiano.
No 238, chega a África o recadador de impostos enviado polo emperador Maximino, quen exasperou a poboación coas suas exaccións e métodos e que foi asasinado por alguns mozos da nobreza. Os cidadáns, decididos a burlar as seguras represalias do tiránico emperador tracio Maximino, instaron a Gordiano para que se fixese cargo do trono imperial, xunto co seu fillo. Esta sublevación foi ben vista polo pobo de Roma, que detestaba o feroz e tiránico rexime imposto por Maximino. O Senado recoñeceu a Gordiano e o seu fillo, e nomeounos augustus destituíndo a Maximino.
Unha das primeiras medidas que tomaron foi desposuír dos seus cargos aos partidarios do emperador, entre eles a Capeliano, gobernador da provincia de Mauritania. Este non aceptou esta destitución, e marchou sobre Cartago cun forte exército. No transcurso da loita ás portas da cidade, morre Gordiano II, o fillo. Ao se enterar o pai da morte, desesperado, suicídase. O goberno conxunto de pai e fillo só durara 45 días.
Pouco despois, morre asasinado Maximino polas súas tropas, Balbino e Pupieno morren a mans dos pretorianos en Roma e chega ao poder o neto de Gordiano baixo o nome de Gordiano III.
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Maximino Tracio |
Gordiano I
([[]] 238-[[]] 238)
|
Precede a: Gordiano III |
- |