See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Maximino Tracio - Wikipedia

Maximino Tracio

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Emperador Maximino, o Tracio
Emperador Maximino, o Tracio

Caius Iulius Verus Maximinus foi un emperador romano (235238 d.c.). Naceu na beiramar do Mar Negro, na Tracia, rexión situada ao norte de Constantinopla, aproximadamente no 173 (algunhas investigacións apuntan ao 183). De orixe humilde, o seu pai Miceas era un labrego de orixe goda e a sua nai, Ababa, de orixe alana e Moesia ou Tracia.

Padecia xigantismo, e chegou a medir 2,53 m., polo que se decantou pola carreira militar, na que polas suas especiais cualidades ascendeu rapidamente e chegou a dirixir o exercito en tempos de Alexandre Severo. Polo seu berce pasou á historia como Maximino o Tracio e a pesar das suas humildes orixes foi o primeiro emperador que ascendeu ao trono seguindo o escalafón do exército. Nunca chegou a pisar Roma.

Comezou a súa carreira militar baixo o emperador Septimio Severo. Durante a campaña contra os bárbaros na Xermania de Alexandre Severo, encabezou a conspiración contra o emperador e que rematou co seu asasinato. Nomeado polas lexións do Rhin como novo emperador, axiña tivo que facerlles fronte aos pagamentos prometidos, xa que as arcas do estado estaban baleiras.

Moneda coa efixie de Maximino o Tracio
Moneda coa efixie de Maximino o Tracio

Era coñecido polo sobrenome de Hércules pola súa forza e as súas xigantescas proporcións. O seu goberno foi tiránico, caracterizándose pola súa crueldade, acabando sendo deposto polo Senado. Grande parte do seu goberno pasouno loitando contra as tribus ó longo do Rhin e do Danubio, nombrando César o seu fillo, Máximo.

A loita do Senado por prevalecer sobre o poder militar marcou o seu curto reinado. En efecto, Maximino andou a enxeira cos senadores, xa que eles pensaban que non tiñan un aliado nel, posto que unha das primeiras medidas tomadas foi a confiscación de bens dos senadores que agochaban os recadadores. Tamén as persecucións dos cristiáns que levou a cabo na Capadocia tiñan un só interese: o de recadar cartos para pagar os lexionarios. Moitos dos santos da Igrexa Católica neste tempo veñen desta persecución por intereses económicos.

Maximino levou adiante a campaña militar contra as tribos xermánicas no 235, a sangue e ferro, cunha grande crueldade nos seus métodos, o que o levou a enfrontarse co Senado, que o depuxo pouco despois de que nomease césar o seu fillo Máximo.

Pero, cunha sociedade cada vez máis emprobecida, os altos impostos destinados a retribiuír o exército suscitaron o levantamento en África. Alí, a sociedade civil era sólida e estaba ben vertebrada, e habéa poucas tropas acantonadas que manter. Os sublevados proclamaron emperador a Gordiano I, procónsul daqueles territorios no 238. Este apresurouse a unxir o seu fillo do mesmo nome Gordiano II e o Senado proclamounos emperadores. Pero, foron derrotados e mortos polo xefe da lexión aló destacada e que se mantiña fiel a Maximino.

Pero como o Senado estaba decididamente en contra de Maximino, ao se enterar da súa morte, nomeou augustos os senadores Balbino e Pupieno, que ao parecer se aviñeron a restaurar o poder colexial e a abolir as formas monárquicas. Ademais, a iniciativa era un intento de facer prevalecer o nomeamento senatorial sobre a proclamación dos pretorianos.

Maximino remataba a campaña na Panonia (actual Hungría) e tornaba co seu exército cara a Roma pra rematar coa rebelión. Balbino permanecería en Roma, mentras Pupieno marcharia contra Maximino. Este cruzou os Alpes e asediou a cidade de Aquilea durante varios meses, ata que os propíos lexionarios asasinaron a Maximino e o seu fillo, para logo rendérense despois a Pupieno. Mentres tanto en Roma, os pretorianos desprazaran a Balbino, nomeando emperador a Gordiano III, neto e fillo dos dous Gordianos anteriores.

Co nomeamento de Maximino iniciase un axitado período da historia do Imperio Romano, onde os pronunciamentos e as usurpaciós foron continuas en moitas partes do Imperio, a desorde e a precariedade económica se tornaron males incurables, quizais como unha secuela por non resolver a pugna entre o poder imperial e o senatorial, o que se engadia agora á sumisión do poder civil ao militar.

Imperio Romano

Segue a:
Alexandre Severo
Maximino Tracio
Precede a:
Gordiano I e Gordiano II
-


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -