Goiás
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Capital | Goiania | ||
Área | 341.289,5 km² | ||
Poboación Densidade |
5 619 917 (2005) 16,52/km² |
||
Fuso horario | GMT-3 | ||
Gobernador | Alcides Rodrigues | ||
Mapa | |||
---|---|---|---|
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Goiás (homónimos).
Goiás é un estado brasileiro situado casi ó centro do país, na rexión Centro-Oeste. Ten como límites o Estado de Tocantins ó norte, Bahia e Minas Xerais ó este, Minas Gerais ó sureste e sur, o Mato Groso do Sur ó suroeste, e Mato Groso ó oeste. O Distrito Federal (formado pola cidade de Brasilia) está encravado ó leste do estado.
A súa capital e Goiania, inaugurada ó 1935 e que ten hoxe máis de 1,2 millón de habitantes. Outras cidades importantes son: Aparecida de Goiania (453 mil habitantes), Anápolis, Itumbiara, Río Verde, Luziânia e Catalão.
Índice |
[editar] Xeografía
O relevo de Goiás e casi todo de terras planas ó oeste e áreas más montañosas ó leste, cuxas altitudes sitúanse entre os 200 e os 800 metros. Os ríos Paranaíba, Aporé, Araguaia, São Marcos, Corumbá, Aporé, Paranã e Maranhão son os principais do estado.
- Clima
O clima predominante no estado é o tropical co dúas estacións: unha mais chuviosa entre outubro e marzo, e outra máis seca entre abril e setembro. Nos meses máis secos, a humidade relativa do ar pode caer abaixo dos 20% tornandose desagradábel para as poboacións.
[editar] Economía
A economía basease no comercio, na industria (mineira, alimenticia, roupas, móbiles, metalurxía, madeireira), na gandería (principalmente bois e búfalos) e na agricultura (soxa, arroz, algodón, caña de azucre).
[editar] Principaes Municípios
Principaes concellos de Goiás (habitantes en julio de 2006)
- Goiânia – 1.220.412
- Aparecida de Goiânia – 453.104
- Anápolis – 318.818
- Luziânia – 187.262
- Águas Lindas de Goiás – 168.919
- Rio Verde – 136.229
- Valparaiso de Goiás – 123.921
- Trindade (Goiás) – 102.430
- Planaltina - 98.441
- Novo Gama – 96.442
- Formosa (Goiás) – 92.331
- Itumbiara - 84.496
- Jataí – 84.922
- Santo Antônio do Descoberto – 78.995
- Senador Canedo – 74.687
- Catalão – 71.680
- Caldas Novas – 68.508
- Goianésia – 53.317
[editar] Ligazóns externas
- Goberno do Estado de Goiás - en portugués.
- O Popular xornal editado no estado de Goiás. En portugués.