See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Giordano Bruno - Wikipedia

Giordano Bruno

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Giordano  Bruno (1548-1600), pensador italiano, enfrentou abertamente os credos e dogmas da igrexa católica
Giordano Bruno (1548-1600), pensador italiano, enfrentou abertamente os credos e dogmas da igrexa católica

Giordano Bruno, coñecido tamén por Nolano ou Bruno de Nola, naceu en 1548 nunha provincia de Nápoles, Nola, na Italia e foi condenado á fogueira da inquisición o 17 de febreiro do 1600.

Índice

[editar] Vida

Giordano Bruno ingresou no convento dominico de Nápoles en 1566 onde se doutorou en teoloxía. Dominico como Tomé de Aquino, era fillo de Xoán Bruno, un militar italiano e Flaulisa Savolino. Sempre contestador, non tarda a atrair contra si mesmo opinións contrarias e perseguicións. En 1576 abandona o hábito ao ser acusado de herexía por dubidar da Santísima Trindade.

Defensor do humanismo, corrente filosófica do Renacemento (cuxo principal representante é Erasmo), Bruno defendia o infinito cósmico e unha nova visión do home. Aínda que a filosofía da súa época estivese baseada nos clásicos antigos, de entre os cais principalmente Aristóteles, Bruno teorizou vehementemente contra eles. A súa forma e contido son moi semellantes a de Platón, escrebendo na forma de diálogos e coa mesma visión.

Nomada por natureza e modo de vida, Bruno baseou a súa filosofia apoiado nas suas intuicións e vivencias fora do comun. Non era un científico, nen valoraba a matemática, mais era un visionario, considerado místico por moitos.

[editar] Ideas

Un dos puntos chaves da súa teoria é a cosmoloxía, segundo a cal o universo sería infinito, poboado por millares de sistemas solares, e interligado con outros planetas contendo vida intelixente. Para esta perspectiva bebeu na fonte de Nicolau da Cusa, Copérnico e tamén de Giovanni della Porta.

Deus seria a forza criadora perfeita que forma o mundo e que seria inmanente a el. Bruno coaduna cos poderes humanos extraordinarios, mais enfrentouse abertamente a igrexa católica ridicularizando os milagres de Cristo e outras tantos dogmas católicos, tais como a virxindade de María.

[editar] Morte

O nobre veneciano chamado Giovanni Mocenigo, encontrou a Bruno en Frankfurt en 1590 e convidouno a Veneza, baixo o pretexto de ensinar a mnemotécnica, a arte de desenvolver a memoria, en que Bruno era perito. Como Mocenigo quería usar as artes da memoria con fins comerciais, segundo algúns ou para prexudicar seus concorrentes e inimigos conforme outros, pechou a Bruno nun cuarto e chamou os axentes da Inquisición para lévarenno preso, acusándoo de herexía. Bruno foi preso no San Castello no día 26 de maio de 1592.

Por estas opinións quentes e perigosas para a época, Giornano Bruno foi condenado pola inquisición, pasando os seus últimos oito anos sofrendo torturas e maus tratos de todos os tipos. No último interrogatorio non se submete, mostra forza e coraxe. Por non abxurar, é condenado á morte na fogueira, mais antes de morrer afronta ainda máis unha vez aos seus inquisidores. É dito que cuspiu no crucifixo dos que o mataron. Sen embargo algúns consideran que non o fixo, e que este relato é para tentar denegrir máis a súa imaxe.

Ao ser anunciada a sentenza, de que sería executado piamente, sen profusión de sangue (que en verdade significaba a morte na fogueira) dixo: "Teme máis a Forza en pronuciar a sentenza do que eu en escoitala" Significando que a Forza - a Igrexa Católica sabería do crime contra a humanidade que estaría cometendo criando un mártir do pensamento. Anos despois, ante unha situación análoga, Galileo Galilei apenas susurrou "e pur si muove (aínda con todo iso, móvese...)" ao negar o heliocentrismo: Galileo, xa vello, tivo en conta o caso de Bruno e preservouse para poder continuar as súas investigacións.

[editar] Obras

Ano e título en latín

  • 1582
    • De umbris idearum
    • Cantus Circaeus
    • De compendiosa architectura
    • Candelaio
  • 1583
    • Ars reminicendi
    • Explicatio triginta sigillorum
    • Sigillus sigillorum
  • 1584
    • La Cena de le Ceneri
    • De la causa, principio, et Uno
    • De l'infinito universo et Mondi
    • Spaccio de la Bestia Trionfante
  • 1585
    • Cabala del cavallo Pegaseo - Asino Cillenico
    • De gl' heroici furori
    • Figuratio Aristotelici Physiciauditus
  • 1586
    • Dialogi duo de Fabricii Mordentis Salernitani
    • Idiota triumphans
    • De somni interpretatione conl' Insomniun.
    • Centun et viginti articuli denatura et mundo adversusperipateticos
    • Animadversiones circa lampaden lullianan
    • Lampas triginta statuarum
  • 1587
    • Delampade combinatoria Lulliana
    • De progresu et lampade venatoria logicorum
  • 1588
    • Oratio valedictoria
    • Camoeracensis Acrotismus
    • De specierum scrutinio
    • Articuli centun et sexagintaadversus huius tempestatismathematicosatque Philosophos
  • 1589
    • Oratio consolatoria
  • 1591
    • De triplici minimo et mensura
    • De monade numero et figura
    • De innumerabilibus, immenso, et infigurabili
    • De imaginun, signorum &idearum compositione
    • De vinculis in genere
  • 1595
    • Summa terminorum metaphisicorum
  • 1612
    • Artificiun perorandi
  • Libri physicorum Aristotelisexplanati
  • De magia - Theses de maxia
  • De magia mathematica
  • De rerum principiis et elementis et causis
  • Medicina Lulliana


[editar] Bibliografía

[editar] Sobre Bruno

Reale, G. & Antiseri, D. - Historia da Filosofia, Volume II, Ed.Paulis, Son Paulo, 1990.
Yates, F. A. - Giordano Bruno e a Tradición Hermética, Ed. Cultrix, Son Paulo, 1988.
Bosy, John, Giordano Bruno e o Misterio da embaixada, Ediouro, 1993, 272p.
Giuliano Montaldo Giordano Bruno, o filme, con Gian María Volontè, 1973, durazón 123min.

[editar] Bibliografía de Bruno en galego

Bruno, Giordano - Acerca do infinito, do universo e dos mundos, Fundación Calouste Gulbenkian, Lisboa,1984

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -